3 de abr. de 2013

AO MEU "AMIGO" TOURIS

Estou seguro que esperaba Touris que eu  lle contara o que pasa no BNG, ou lle dera explicacións do meu futuro politico vistas as "amigables" manifestacións verquidas por este "lúcido" politico cambadés hoxe na prensa de Arousa, nada mais lonxe da realidade e como
ben di Maribel Iglesias no valo do meu facebook “táctica ppera de toda a vida, a mellor defensa é o ataque. Non é mal sinal, lembro unha época en que vos ignoraban, pode que esten collendo algo de medo.”. Efectivamente querida Maribel sabemos que estamos a facer moito dano a Touris e a Aragunde, pero non desviemos a atención sobre os temas en cuestión, Touris, sobre todo,  e Aragunde teñen que explicar aos veciños de Cambados moitas cousas entre elas:
1º.- Cantos cartos estades a gañar grazas ao Pinal de Maza.
2º.- Cantas subvencións recibibichedes da Xunta polas ilegalidades cometidas no citado Pinal.
3º.- Quen está metido realmente no allo do Pinal de Maza aparte de Touris , Juan Ramiro e Luis Aragunde.
4º.- Si non está a ser investigado polo Xulgado de Arzua "amigo" Touris , porque este xulgado recaba información sobre a túa xestión no concello de Cambados.
5º.- É a unica comisión que presuntamente cobraches como Alcalde do concello de Cambados ou houbo mais. 
6º.- De onde sacas tantos cartos, casas, coches , propiedades, empresas etc se nunca pegaches  un pau a auga e sempre viviches da politica e incluso tiñas a economia bastante fastidiada cando empezaches nela.. 
7º.- Quizas estes cartos proceden do sobres cobrados por ti  polos teus “traballos” no Concello de Cambados, ou cobrababas. polo banco.
8º.- Por que tes amedrentado a gran parte dos veciños da túa parroquia.
9º.- Por que tes abandonada a súa sorte ao pobo de Cambados.
10º.- Por que , como ben di Xurxo Charlin, preoucupaste mais do que lle pasa a oposición que de resolver os problemas dos veciños.
11º.- Porque enganaches aos veciños de Cambados no tema dos recibos da auga.
12.- Porque a nosa vila “amigo Touris” está a piques, como moi ben di Oscarman, de chegar os 2000 parados e ti  e mais Luisiño estades a velas vir.
13.- Porque por primeira vez na historia os Rañeiros tiveron que ir o paro pola inoperancia túa, de Luisiño e de Pelea.
En fin poderia seguir enumerando preguntas sobre problemas creados polo teu partido, pero non vou peder un segundo mais do meu tempo coas tuas tonterias e parbadas,contesta as preguntas, resolvelle os problemas os veciños, ensina a denuncia da que dis presentaches contra os que te "difamaron" e deixate de milongas “presunto comisionista”. 
Por certo moitas grazas a todos polo voso apoio.



Ningún comentario: