24 de abr. de 2013

FALECE JOSÉ VENANCIO “O PAXARIÑO” UN TRIANERO DOS AUTÉNTICOS.

Nantronte soubemos a fatídica nova de que  José Venancio “O Paxariño”, falecera aos 53 anos de idade. Distintos rumores,  incluso algún publicados en prensa, dician que falecera
en cisrcustancias extrañas, nada mais lonxe da realidade, José Venanció faleceu durmindo sen mais o que pasa é que simplemente o médico en cuestión non quixo certificar a súa morte porque era unha persoa relativamente xoven e por iso chamaron o Xulgado. 
José Venancio era un dos “trianeros” mais auténticos, lembramos con moito agrado aqueles tardes no Campo da Merced que se facian eternas cando eramos rapaces, xogando con él ainda que non era moi futbolero, viviu a súa vida moi intensamente, os Trianeros estamos seguros de que era boa xente e seguro que a partir de hoxe xogará e falará con Piño, outro trinanero auténtico, no ceo. Algúns lembrano no facebook con moito cariño. O seu enterro será hoxe as seis da tarde. Dende este blog , o noso máis sentido pésame a súa familia.

Ningún comentario: