FÁTIMA ABAL, ELIXIDA POR UNANIMIDADE SECRETARIA LOCAL DO PSOE DE CAMBADOS
A portavoz municipal do PSOE de Cambados, Fátima Abal, foi elixida secretaria xeral do partido na localidade na asemblea xeral celebrada estes días en Cambados. O único punto da orde do día era a elección da nova comisión executiva, posto que a anterior estaba en funcións trala morte do añorado Rafael Blanco.
Só presentouse unha candidatura, que foi aprobada por unanimidade. Xunto a Fátima Abal figuran os outros dous concelleiros do PSOE en Cambados, Manuel Giráldez, que será o secretario de Política Municipal, e Milagres Martínez, que se ocupa de Cultura e Educación.
Entre os demais membros da executiva está o secretario de Xuventudes Socialistas, Ismael Agra, que se encargará de Comunicación e Novas Tecnoloxías. Completan a lista Miguel Pérez, que sae como secretario de Organización e Administración, Dionisio Muñiz, Regina Núñez e Alfonso Agra. Non está xa que logo o histórico líder socialista cambadés Domingo Tabuyo.
Fátima Abal indica que seguirán realizando "unha oposición exhaustiva, pero constructiva".
Dende este blog, desexamosche moita sorte nesta nova andaina querida e estimada Fatima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario