A PRIMEIRA VISIÓN QUE TEÑEN OS TURISTAS O PISAR CAMBADOS É "PARKING 3 €"
Un veciño de Cambados fainos chegar o seu malestar polo lamentable estado e total abandono da Avenida de A Coruña e sobre todo da Rúa Atlántico de Cambados, constituídos no lugar fomos testemuñas de tal aseveración.
Dicianos o veciño que agora que se achegan os meses en que se incrementan as excursións, dá pena ver cal será a primeira imaxe que se atopan os visitantes nada máis baixar dos autobuses que, aparcan nesas rúas.
| Primeira visión que teñen os turistas de Cambados |
É vergonzoso que dez meses despois da festa do Albariño aínda siga na finca o cartel de "Parking 3 euros" (cunha estética lamentable). Nesa mesma finca, as silvas invaden as beirarrúas.
Na rúa Atlántico son incontables os baches que hai no tramo asfaltado e non digamos os que hai indo para o Pavillón.
Ademais, seguenos a dicir o veciño, cando baixan dos buses, os turistas teñen que ir en fila india bordeando o muro da casa de Vilas .Tourís é coñecedor do lamentable estado e perigosidade do paso de peóns e do acceso a Fefiñáns desde a Avenida de A Coruña, antes gobernando na Xunta o bipartito culpou ao BNG e ao PSOE de non poñerse de acordo para autorizar retranquear o muro de Vilas para facer máis ancho o acceso a Fefiñáns porque, ao parecer, Vilas estaba totalmente de acordo en ceder un cacho de finca... Xa leva o PP 5 anos de goberno e co propio Tourís como xefe da Xunta en Pontevedra!!!... E todo segue igual.
A perigosidade dese paso de peóns é máxima: non está sinalizado, nin iluminado (cruzalo pola tarde é un auténtico perigo), nin está elevado para facilitar a visibilidade dos conductores.
Preto da Rua Atlántico non se entende como a Deputación de Pontevedra métese a urbanizar unha unidade de xestión cando isto é competencia exclusiva da mesma e quenes teñen que encargarse do asfaltado e das veira rúas. Por riba a Deputación deixou o rúa e medio empezar e nun estado lamentable como podedes ver. O desta rúa é realmente un misterio.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario