Os que entrades a diario neste humilde blog, dariádesvos conta de que estes días estivo parado pois vimos de gozar dunhas minivacacións en Penafiel – Portugal. Ala
fomos 26 cambadeses, perfectamente organizados e dirixidos por Celso.
fomos 26 cambadeses, perfectamente organizados e dirixidos por Celso.
Pasamos catro días excelentes na compaña dunha xente marabillosa, cos cales tiñamos mais o menos relación e mais o menos confianza, pero que estes días todos eramos unha gran familia, Viñeron ben estes catro dias para cargar as pilas en todos os sentidos e tirar para diante que os tempos seguen sendo difíciles. Moitas grazas o hotel Penafiel Park, onde nos trataron como reis, moitas grazas, insisto, a Celso pola organización e moitas grazas a toda a xente ca que fixemos este viaxe porque nos fixeron pasar catro días, simplemente excepcionais, agora volvemos a crúa e dura realidade ate outra ocasión. Perdón os que fochedes ala por publicar estas dúas fotos, é a nosa forma de agradecervos o ben que o pasamos. Un bico a todos de parte de Chon e de Tere.
Ningún comentario:
Publicar un comentario