TAMÉN SE RECOÑCEU A TRAXECTORIA DE XEPE, RIAL E BENITO IGLESIAS.
Satisfacción no Club Juventud Cambados co resultado de céa-gala do 50 aniversario que puxo comenzo aos grandes actos conmemorativos do seu medio século de historia. O club aínda ten previsto realizar unha magna exposición de fotos do club e incluso a facer un libro, pero a prioridad agora é centrarse na competición e salvar a categoría.
Á cea acudiron 110 persoas, entre elas o alcalde e o concelleiro do BNG Xaquin Charlin “Chon”. Os que foron quedaron encantados e moitos puideron verse logo de moitos tempo sen facelo e recordar tempos pasados, que no caso do Cambados foron mellores que os actuais.
O club aproveitou para homenaxaer a Suso Millán, mítico porteiro do club así como de clubs como o Deportivo, Elche, Rancing de Ferrol e Cultural Leonesa, sen dúbida o mellor porteiro de Cambados de todos os tempos, fixolle entrega da medalla o seu primo, expresidente do Cambados e actual concelleiro “Chon”, sen dúbida unha entrega cargada de emoción. Non no esquezamos que Millan participou sendo xuvenil na tempada 1974/75 no equipo que marcou 104 goles e no equipo que na tempada 89/90 acadou a mellor clasificación da historia do Clu, cuarto na segunda B.
Merecido tamén o galardón a José Ramón Prado “Xepe”, cofundador da entidade, por unha vida dedicada ao Cambados e a Manuel Rial Laredo pola súa traxectoria no Cambados, no que foi xogador, directivo, adestrador e coordinador da base. Tamén ía ter o seu recoñecemento Benito Iglesias, pero por motivos persoais non puido acudir e a homenaxe realizaráselle noutro momento.

Na cea sorteáronse 8 camisetas do 50 aniversario, un fin de semana nun spa doado por Viamar Tours, 3 estuches de albariño Castro Baroña e 2 vales de compra en Atmosfera Sport.
Tamén se deron a coñecer os premiados das rifas do fútbol basee. Ao número 3.300 correspóndelle a PlayStation 3; ao 1.398 a cea degustación no restaurante Yayo Daporta; ao 5.931, 4.932 e 3.216 cestas de produtos típicos e ao 5.903 un vale desconto en Deportes Piñeiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario