23 de abr. de 2013

XXIV MARATÓN POPULAR “MEMORIAL MANUEL MARIÑO CASTRO”

O vindeiro domingo 28 de abril  terá lugar a celebración do XXIV Maratón Popular “Memorial Manuel Mariño Castro”, que todos os anos organiza a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña. A saída terá lugar as 11.30 horas, establecéndose as seguintes categorías:
1ª.- 0 a 4 anos (circuíto 1 qm). 
2ª.- 5 a 8 anos  (circuíto 2 qm).
3ª.- 9 a 13 anos.
4ª de 14 a 19 anos.
5ª.- 20 a 30 anos.
6ª.- 31 a 38 anos.
7ª.- 39 a 45 anos.
8ª.- 46 a 55 anos.
9ª.- 56 anos en diante.
A lonxitude do circuíto é de 5 km, ainda que os de categoría absoluta teñen que percorrer 10 km.
PREMIOS:
Un trofeo o primeiro clasificado de cada cetegoría nos distintos sexos e unha medalla conmemorativa para o segundo e terceiro.
Na categoría absoluta (aberto) habrá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada sexo.
INSCRIPCIÓNS:
Para todas as cetegorías, dende unha hora antes da proba no Centro Cultural.
Sortearase un chandal entre todos os asistentes.
¡¡¡PARTICIPA!! E se xa eres entradiño en anos, que non che dea corte, “ven a correr”, o importante non é gañar, senón participar.


Ningún comentario: