23 de maio de 2013

A XUNTA PREXUDICA ADMINISTRATIVA E ECONOMICAMENTE OS PROPIETARIOS DAS EMBARCACIONS DA TERCEIRA LISTA.

EN CAMBADOS  SON MOITOS OS EFECTADOS.
APOIAOS COA TUA SINATURA.
Onte recibimos unha nota do Grupo de Afectados pola Regularizacion de Embarcacións pesqueiras marisqueiras da Ria de Arousa que polo seu interese para a nutrida poboación mariñeira afectada e poboación en xeral ,  publicamos integramente:
 """Somos o Grupo de Afectados pola Regularizacion de Embarcacións pesqueiras marisqueiras da Ria de Arousa (Cambados,O Grove, Vilanova, A Illa, e mais cofradías que se estar a unir)
Resulta que moitos propietarios,armadores e mariñeiros de embarcacións de 3ª lista a nivel de Galicia estamos afectados pola xa famosa e interminable Regularización de embarcacións, é dicir, que estamos obrigados a aportar á administración a diferencia de cabalaxe, tonelaxe e ata cambio de material de construcción nas embarcacións que actualmente estamos a traballar. O tema é complicado e lioso. 
Para conseguir aportar todo eso, vémonos obrigados a ter que comprar os cabalos de motores de embarcacións que van a dar de baixa e desguazar e asi usalos para sumalos os que xa temos e poder ter regularizada a embarcación. O mesmo pasa coa tonelaxe (gt´s) e co material de construcción. Resulta que moitos casos están a punto de chegar á data limite que impón a xunta de Galicia para aportar cabalos,gt´s,materiais,etc e pasado o plazo moitas embarcacións poden ser dadas de baixa do censo da flota pesqueira  por estar en situación irregular, privando ós mariñeiros do seu posto de traballo.
Nós, os propietarios,armadores e mariñeiros  queremos poner ó dia as embarcacións, temos vontade absoluta de facelo, o problema é que están a pedir uns precios desorbitados e especulando salvaxemente, eu teño os papeles onde están anunciados estes prezos, chegando a pedir de 300 a 500€ por cabalo e no caso dos gt´s de 2.500€ ata 3000€ por cada gt, cousa que é impensable pagar hoxe en día coa crise brutal que estamos a sufrir en tódolos sectores incluido o do mar.
Debido a esto, os afectados empezamos a unirnos como colectivo de afectados pola regularización, cada dia crecendo en número, e iniciar unha protesta totalmente xustificada para conseguir ter unha reunión coa conselleira de pesca, Rosa Quintana, para expoñerlle o tema e que resolva dunha vez por todas este problema o cal leva xa anos sin darse unha solución ós propietarios de embarcacións. Para eso estamos recollendo sinaturas nos concellos de cambados, o grove, vilanova de arousa, vilagarcia de arousa,a illa,etc. En principio os da ria de arousa pero tamen temos pensado ponernos en contacto con mais confrarias de Galicia para sumar apoios, xa que existen afectados en toda Galicia. Tamen vamos poñernos en contacto cos partidos políticos de cada concello para que se sumen á nosa petición de defensa dos nosos postos de traballo para ter unha base de cara á reunión coa conselleira de pesca. Onte reunimonos coa direccion comarcal do BNG. E temos concretadas reunions con AGE e PSOE.
A nosa petición é para dar un pouco máis de difusión do problema que temos, en cambados hai moitos afectados asi como no resto de concellos con confrarias de pescadores e  animar á xente a firmar xa que pode firmar todo o mundo para conseguir telo máximo respaldo posible e facerlle entender ós que mandan que non somos 4 gatos os que facemos esta petición totalmente xustificada. Pódese firmar na cofradía, na cultural, no posito, na lonxa e na capitania de cambados.  No Faro de Vigo últimamente estamos saindo polo tema da recollida das firmas.
Nos non queremos empezar unha guerra de reproches con ninguén,sexa quen sexa,nin tampouco estamos pedindo subvencións nin axudas de tipo económico,  só queremos chegar a unha solución apartando as diferencias que teñamos para manter os nosos postos de traballo.""" 
A NOVA NA VOZ DE GALICIA 

Ningún comentario: