25 de maio de 2013

AGORA É ISMAEL AGRA DE XX.SS O QUE ESTÁ PENSANDO TOMAR ACCIÓNS LEGAIS CONTRA MANUEL CACABELOS

ISMAEL AGRA: “O PROPIO ALCALDE RECOÑECE QUE OS CARTEIS TIÑAN O LOGO DO CONCELLO”.
PARTCIPANTES DAS REDES DIN QUE NON HOUBO TAL FALSIFICACIÓN.
LUIS ARAGUNDE  SABIA DE ANTEMAN QUE OS CARTEIS LEVABAN O LOGO DO CONCELLO, PERSONAL DO CONCELLO COLABOROUNA SÚA IMPRESIÓN. 
O líder de Xuventudes Socialistas de Cambados, Ismael Agra, responde ao presidente da comisión de festas de Castrelo, Manuel Cacabelos, que o acusa de falsear os carteis das festas parroquiales. 
Ismael Agra esixe que Cacabelos "descúlpese públicamente" ante el e os seus compañeiros de organización, pois, esgrime, "estamos moi tranquilos, porque o que fixemos foi denunciar os chanchullos existentes entre a comisión e o Concello e acúsanos dun delito no que non temos nada que ver". Tanto é así, que o líder de XSC ameaza a Cacabelos "coa posibilidade de emprender accións legais por calumnias e denuncia falsa" si este non pide perdón. 
O propio Ismael no seu facebook personal facia este comentario.
Paréceme totalmente absurdo acusarme a min e aos meus compañeiros das Xuventudes Socialistas de Cambados de ter falsificado os carteis do macrobotellón do sábado. Para empezar non sei que gañariamos nós facendo eso, pois non temos nada en contra da Comisión de Festas de Castrelo, só denunciamos que as administracións públicas colaboraran coa festa. Por outra parte xa o propio Alcalde de Cambados recoñece que os primeiros carteis que sacou a Comisión de Festas tiñan os logos pero llos mandou quitar e facer outros, polo que deberían asumir e o seu erro e non acusar a ninguén, pois non sei que probas terá para levarme ao xulgado. 
Igual quen debería levalo sería eu por andar a acusarme na prensa de algo que sabe perfectamente de quen é obra.
Poala súa banda no programa da TVG Mnanuel Cacabelos insiste en que os carteis foron “manipulados” e ademais di textalmente: “Isto todo é política”, ou “Non poden ir (refírese os carteis) nin a Deputación nin o Concello portque é unha festa do alcohol”, ou “Os carteis están  manipulados , asi o xustifiquei eu diante da garda civil” e rematadicino “A tres cubatas por persona” (calculan o consumo).
A continuación podes ver o video do programa coas manifestacións de Manuel Cacabelos:
                                   

Doutra banda na propia páxina de facebook que ten a Comisión de Festas, vemos manifestacións como estas.
D. B. S. di:
"Últimamente as festas de Castrelo veñen precedidas cunha polémica. Esta vez organizouse un evento "Low cost" no que o único reclamo publicitario é a venda de alcohol a un baixo prezo. Como algún usuario dixo " o interesante é pasalo ben", que triste é que só o podamos pasar ben promoiendo o consumo de alcohol, ou o seguinte "Silleda leva 5 edicións con éxito" paréceme estupendo que as súas edicións sexan exitosas, pero non comparto que copiemos ideas como esta, pouco orixinal e en aprovechamiento da situación económica para a venda de alcohol utilizando marcas de baixo prezo, axudas de distribuidores así como o uso de servizos públicos para a realización de devandito evento. Creo que actualmente sobran outras moitas ideas máis orixinais, máis atractivas, máis culturais na que o alcohol poida ter un papel secundario e promover actividades de interese xuvenil. E termino con outra frase publicada: "Si si, habeis leido ben! A festa do EURO CUBATA, 1€ = 1 CUBATA asi de simple." e así de TRISTE. "
J. A. C. G. di 
"Non é soamente o pobo de Castrelo o que organiza esta festa (1€ o cubata). Silleda xa leva cinco edicións con unha gran fama. O interesante e pásalo ben, e desfrutar con todo o pobo."
O mais círitico é J. M. R., qu di cousas como:
“….esta e a proba da tremenda coiuntura e atreveranse a decir que esto e falso (refirese o cartel nº 1) pois primeiro que miren ben o que ban a facer ou publicar nada .ala a ta mais ver. seguiremos sendo nos, e non o canciño de ninguen”
CARTEL nº 1.- non foi falsificado e xa tiña o logo do concello,

“E aqui a proba de que esta comision fai o que lle sale dos h.....s fai os carteis e despois di que llos plaxiaron ou llos falsificaron segun eles,esto non ten nonbre”.
“E esta e a comision que ten este pobo pois vaia estamos ben de carallo”
“colgaron esto por castrelo eles mesmos o recoñeceron ai queda para que se poida ver e comentar ao respecto, saudos” (ver cartel nº 2)
cartel nº 2

“Fan as cousas si ou si (por collons) o que lles sale o fan e despois queren que os veciños o compartan. E por certo a miña idea politica e privada e non permito que ninguen ninguen me trate de ningun partido esta claro señor ou señores desta comision.”
E. C. D., di
“esto xa parece un circo en vez de unha comision. mellor non pensalo”
O que si está claro é que a estas alturas da pelicula todo o mundo sabe que os carteis NON FORON FALSIFICADOS. Luis Aragunde sabia perfectamente que o concello estaba como coloborador no carte, xa que os mesmos se fixeron no propio concello.

PERO INSISTIMOS,  É MOITO MAIS GRAVE O QUE PASOU EN CAMBADOS O DIA DAS CONFIRMACIÓNS NUN LOCAL  "CULTURAL" MOI COÑECIDO DE CAMBADOS ONDE SE DESPACHOU ALCOHOL E MENORES, INCLUSO HAI FOTOS DO EVENTO.




Ningún comentario: