23 de maio de 2013

AGORA MAIS QUE NUNCA ¡FORZA XUVEN!

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Principios de maio , nun xulgado de Barcelona. 
      Nada mais rematar un xuízo o  avogado achegase á xuíza e,
sabedor da orixe galega de esta, coméntalle que ten un fillo xogando no equipo de baloncesto do  Aracena AEC Collblanc de Hospitalet e que probablemente teña que desprazarse a Galicia para xogar a fase de ascenso a liga LEB Plata. A maxistrada que, aínda que vilagarcián, está casada cun cambades ata a medula (e  co cal, o ano pasado, asistira, xunto cos seus fillos  a Sabadell para animar ao XUVEN contra o Sant Nicolau  na derradeira eliminatoria do ascenso) esboza un sorriso e espétalle: “pois sorte, letrado, pero si lle toca co XUVEN avísolle que ten pouco que facer, este ano o ascenso  é para nos”.

    Ó final o equipo catalán tivo sorte, quedou emparellado no grupo do Plasencia Extremadura e, por tanto,  non terá que verse as caras  co equipo amarelo. 
      Esta anécdota totalmente verídica reflexa que moitos cambadeses ausentes van a estar, vamos a estar,  pendentes  do que pase  no noso amado pobo o próximo fin de sema e  mais  despois de que a tempada pasada se rozase  cos dedos  o ascenso á tan ansiada categoría. 
      Fai pouco,  falando  con presidente do XUVEN,  pregunteille  como vía  esta fase de ascenso  e a súa resposta non pode ser mais gráfica e clara: “Bueno esto es deporte y no se sabe , el equipo está muy bien  y tenemos la experiencia del año anterior que se escapó en el ultimo minuto, pero vienen buenos equipos y tu pueblo es pequeño , opina tu mismo contra quien competimos: (...) ahi es nada y nosotros con el Albariño  y poco más”. 
 
    Dende logo o bo de Jorge Castiñeiras  ten mais razón que un santo,  se botamos unha ollada á  lista dos rivais, chegaremos á conclusión de  que é unha batalla de David contra varios  Goliaths: CB Novashool de Málaga (cidade cunha poboación de mais de 560.000 habitantes)  Olivar de Zaragoza (con mais de 675.000 habitantes) e Meridiano de Santa Cruz de Tenerife (sobre  205.000 habitantes); por certo, cidades con  unha gran tradición e afección  polo baloncesto, pois as tres tiveron no pasado ( no caso de Tenerife) ou teñen na actualidade (Málaga e Zaragoza), equipos na ACB, a máxima competición española de basquet ¿e que temos fronte a todo iso? Pois un humilde club dunha poboación que non chega ós 14.000 habitantes, isto, sen lugar a dubidas,  demostra a importancia e da mais valor ó conseguido, ata agora,  polos homes de Iago Casal. 

    Todos os cambadeses que vimos nacer e crecer ó XUVEN, penso que non podemos senón  alegrarnos  de ver hoxe en dia ao club do noso pobo tan arriba. No meu caso, en concreto, os meus primeiros  recordos, lévanme aos comezos dos anos oitenta, cando nos achegabamos á pista do colexio de Santo Tome para animar, sobre todo, ó equipo feminino,  normal para uns rapaces que comezaban á adolescencia, e sentían atracción polo sexo oposto. De aqueles partidos, lembro, a dobre emoción, por un lado do partido que se xogaba pero sobre todo, do nerviosismo que tíñamos de que aquelas fermosas rapazas non deran coas súas ternas carnes contra o durísimo e abrasivo asfalto da pista; rapazas que a pesar de que,  hoxe en dia, superaron os corenta anos e, dende a perspectiva que me da coñecer a  moitas de elas, e ter con varias unha boa amizade, podo afirmar que manteñen a mesma beleza e fermosura de antano.  
   
  Hai que destacar que o XUVEN nestes 35 anos de existencia converteuse nun club de referencia, non so, na comarca ou na provincia senón en toda Galicia, pasando a ser un dos deportes con mais adeptos no noso pobo,e levando, incluso,  no ano 2000 a un grupo de ex xogadores  a formar en Cambados un segundo club: o CD SAN TOME.    
      Este fin de sema, o XUVEN pode facer historia de iso non cabe menor dúbida pero penso que tamén pode servir para darlle unha homenaxe, mais que merecida  a moita xente e institucións que ergueron ó club ata aquí. 
      En primeiro lugar o seu presidente Jorge Castiñeiras, quizais, un dos máximos culpables do éxito e de que o club estea hoxe onde está; o caso  de Jorge  é o mellor exemplo do que debe ser o presidente dun club deportivo, a súa experiencia, coñecemento e cariño pola institución que dirixe e polo baloncesto, en xeral,  sen lugar a dúbidas, repercute moi beneficiosamente á hora de entenderse co técnico de cara a planificar a tempada, fichar xogadores etc. O feito de ser un dos fundadores do club e despois adestrador danlle o status necesario para que sexa a persoa ideal para ocupar ese posto. 
   
  Tamén é xusto mencionar a toda a xente que leva moito tempo arrimando o ombro  en pos do XUVEN, xente que xa forma parte da historia viva do club, xente coma Antonio Lema, Sanchis,  Poli Trigo, Vivi, Ricardo Arenaz e un longo etc. de persoas, que  coma eles, traballan arreo en pos do club.     
      Tampouco nos podemos esquecer do Concello de Cambados e da Deputación Provincial de Pontevedra  polo seu apoio ao club; é indiscutible que as inversións en institucións como o XUVEN, que fomenta enormemente o deporte base a través das súas distintas categorías, son as mellores políticas posibles  en pos de fomentar valores nos rapaces (como poden ser o esforzo, traballo en equipo etc.)  que son aplicables non so no deporte se non o longo da vida.   
   
  Importante igualmente é o apoio dos distintos patrocinadores comerciais, e mais nos tempos de crise económica que vivimos actualmente,  o cal ten mais mérito aínda, sen esquecernos, evidentemente,  de Establecimientos Otero o seu patrocinador principal. 
      Igualmente hai que mencionar á afección cambadesa que, partido tras partido, anima, berra, sufre con este equipo, a xa famosa,”Marea Amarela” que de seguro que este fin de sema vai abarrotar o pavillón do Pombal, facendo que sexa unha ola a presión  e que se converterán no xogador numero 6 do equipo.  
   
  Quixen deixar para o final aos xogadores e a seu adestrador Iago Casal, para destacar que eles son os principais  artífices de que o XUVEN estea a un paso da gloria, eles son os que van a pasar mais nervios que ninguén e os que mais van a sufrir a presión; non quero imaxinar todo que debe estar pasando pola cabeza de Iago, estas horas previas, pero a súa mais que demostrada profesionalidade e valía son un punto a favor para o fin que tódolos os cambadeses esperamos que acaden e que non é outro que o tan merecido ascenso.  
      Como dixen anteriormente, como cambades que son non poderei estar e sinto  envexa sa  de todos os que si teredes a oportunidade de levar en volantas ao equipo, dende aquí o meu mais sincero apoio.       
      
 
    Finalmente quería facer unha proposta pública que penso que contaría con moitos adeptos: aproveitando que este ano o XUVEN, cumpre o seu 35 aniversario, penso se non seria xusto que o concello nomease a Jorge Castiñeiras en representación do club, cabaleiro do albariño, seria un xusto premio a bendita tolería que tivo un remoto dia, xunto con  Ramiro e Roberto Vidal, e que no ano 1978  desembocou na creación dun dos mellores representantes de Cambados  como é o CLUB XUVENTUDE BALONCESTO DE CAMBADOS. 
      UN SAUDO A TODOS E ......FORZA XUVEN!!!
   
  
      RICARDO DOMINGUEZ REY

      

Ningún comentario: