29 de maio de 2013

HOXE NACE UN NOVO BLOG REIVINDICATIVO "ALZA LA VOZ CAMBADOS"

O SEU AUTOR O CAMBADÉS: MARCOS SEREN PORTAS, ACTUALMENTE RESIDENTE EN GIJÓN.
Hoxe nace un novo blog na rede que se chama “ALZA LA VOZ CAMBADOS”, o blog e obra e gracia dun cambadés de 22 anos que se chama Marcos Serén Portas, é unha mistura de Fefiñans (por parte de nai) e Santo Tomé (por parte de pai), ainda que sempre viveu en Fefiñáns, agora por razóns laborais, é cociñeiro, atópase a traballar en Gijón.
Ségúndo o propio Marcos nos conta no seu blog “poderás contar os teus vivencias , coas entrevistas de personaxes históricos da vila. Agora todos tendran a posibilidade de expresar a súa opinion neste pequeno diario que entre todos formaremos”. Na súa carta de presentación Marcos define o seu blog do seginte xeito: “En pleno S.XXI as redes sociais, forman parte xa dun medio de comunicación importante, o cal permítenos a todos expresar a nosa opinión. 
Co seu irmán Manuel.
Agora é momento de mellorar a marca #Cambados, poñendo a vista no pasado e na actualidade. Daremos a opinión dos nosos maiores, os cales poderannos contar o que era e o que somos; para eles pode ser que en lugar de avanzar camiñemos cara ao retroceso. 
Nós ímoslles a dar voz, a todos os que estean interesados en expresar as súas reivindicacións, os seus problemas e compartilo con todos vostedes. 
Por iso damos comendo hoxe 29 de Maio de 2013 e darlles as grazas por formar parte deste blog sen ánimo de lucro.”
Benvido a rede querido Marcos, e dende hoxe mesmo pasas a formar parte dos “AMIGOS DA REDE” neste humilde blog que está a tua enteira disposición.





2 comentarios:

Adrián Piñeiro Oubiña dixo...

Novo é con V!!!!

A TI MEU CAMBADOS dixo...

Grazas Adrián. Pero se te fixas no texto está con v, pero agradezo o aviso.