27 de maio de 2013

JORGE CASTÑEIRAS, PRESIDENTE DO XUVEN: “NOS CUMPRIMOS, VOS PROMETECHEDES”

AGORA SON XUNTA, DEPUTACIÓN E CONCELLO OS QUE TEÑEN QUE CUMPRIR
Onte o Xuven escribiu, non con letras de prata, senón con letras de ouro un ascenso a LEB 2, sen ningún fallo, desta vez os directivos do Xuven estiveron non de “10”, senón de “100”, por que fixeron todo o que tiñan que facer ao 100 %. Agora tocalle respostar a Xunta, Deputación e Concello cumprindo ó prometido.
Jorge, un home realmente feliz
“Conseguimos un gran obxectivo, tardamos 35 anos en lograr isto, porque os clubs fanse amodo, é o resultado de ir sempre intentando dar pasos adiante, marcando unhas pautas e traballando con ambición e sobre todo tranquilidade, neste sentido estou contento porque nesta segunda etapa á fronte do club conseguín non repetir erros, os de pensar que o club ten que virar en torno a unha persoa, esta vez marcamos áreas de traballo definidas, deixamos traballar con liberdade á xente na pista, e a satisfacción que teño é moi grande", manifestaba un alegre pero o mesmo tempo emocionado Jorge Castiñeiras nada mais acabar onte o partido. 
A afección un "10"
O presidente explica que logrado o ascenso na pista, a directiva fará todo o posible para que o Xuven poida militar a próxima campaña en Leb Prata. “Agora tócame a min a outra parte, temos un mes para abrir esas portas que están entreabiertas” en referencia ás administracións, para dicir: “nós cumprimos e vós prometestes” “Creemos que si un equipo dun pobo ou dunha comarca consegue o mesmo logro que outro dunha gran cidade merece as mesmas axudas, non entendo  a diferéncia si isto fanio Vigo, por exemplo, por iso imos pedir que se nos axude. En canto á parte privada temos esperanzas de conseguir o apoio que nos permita cubrir unha parte do orzamento, e como fixemos ata agora, si cubrimos o orzamento, damos o paso”. 
Castiñeiras cre que é viable que o Xuven pode facer fronte a Leb Prata, pese ás trabas que pon a FEB xa só na forma de estructurar a categoría. “Cando empezamos con este proxecto parecía unha tolemia dar o paso a EBA, pero aos poucos fixémolo, este ano fomos o cuarto ou quinto orzamento máis baixo da categoría, por iso tamén hai que ter en conta que se trata de saber gestionar e administrar, por iso pode ser asequible”. No caso de que o Xuven non puidese saír en Leb Prata, o presidente recoñece que "teriamos que cambiar totalmente o proxecto, seguir igual xa non tería sentido".

1 comentario:

MANUEL dixo...

Non hai mais que falar con "Luisiño o da Cultural" el é o experto en tratar coas "administracións" polos cartos. Falando en serio, creo que Cambados se merece unha gran axuda económica e administrativa por lograr con un gran esforzo e unha boa cabeza un hito deportivo de este calibre. ÁNIMO XUVEN, PARABÉNS AOS AFICIONADOS E BOA SORTE.