28 de maio de 2013

O IMPOLUTO LUIS DEL OLMO DARA UN PREGÓN DIANTE DO IMPUTADO GONZALEZ.

A CONFRARIA PRACTICAMENTE EN BANCA ROTA, CUN ERE ENCIMA , E NEMBARGANTES PARA GRANDES FESTAS HAI CARTOS.
O CONCELLO DE CAMBADOS,  PORTO DE CAMBADOS, GRUPO NORTE DE COMUNICACIÓN E MARTIN CODAX COLABORAN CUN IMPUTADO NA CELEBRACIÓN DUNHA FESTA.
O de Ponferrada desembarcará na capital do albariño en xullo para asistir ao evento gastronómico que se desenvolverá entre o 18 e o 21 do mesmo mes, ambos inclusive, no Paseo dá Calzada. Unha función que ata agora desempeñaban o patrón maior, Benito González, e as autoridades que cada ano arroupan o evento o día da inauguración e nos posteriores.  Quen vai pagar o caché deste señor?, que ainda é un pico.  Este home, Luis del Olmo, que foi quen de chamarlle sinverguenza a Urdangarin por estar imputado, resulta que agora vai dar un pregón nunha festa onde o principal organizador o Patrón Maior Benito Gonzalez está imputado por delitos similares os de Urdangarin, pero en menor escala. Esta festa cheira mal ,organizada por unha cofradia que aplica un ERE a partires do 1 de xuño . que este ano tivo unhas perdas de 107.000 € ,  e organizada por un individuo IMPUTADO por dous xuzgados por malversacion de cartos publicos e varios delitos penais mais.  Colaboran na organizacón xunto co imputado González o Concello, a confraría San Antonio e a sociedade Puerto de Cambados en colaboración co Grupo Norte de Comunicación e co patrocinio da adega Martín Codax.
A organización convocou o concurso para a elección do cartel que será a imaxe que dará a coñecer a festa deste ano. Será elixido entre os bosquexos elaborados por nenos da ESO de colexios de Cambados . Todos os carteis serán expostos durante a festa e os seus creadores serán obsequiados cun pequeno detalle.
O cartel gañador darase a coñecer nunhas semanas xunto co programa da festa deste ano. Como novidade, entregarase o galardón da Vieira de Cambados e un premio dedicado aos medios de comunicación que máis e mellor promovesen a festa e a vieira. Serán tres premios para tres categorías: prensa, raio e televisión.
A COFRADÍA DE CAMBADOS APLICARÁ UN ERE A PARTIR DO MES DE XUÑO 
Os traballadores do pósito verán reducida a súa xornada á metade e seu salario .
A cofradía de Cambados converterase, o 1 de xuño, na terceira da zona sur de Arousa en aplicar un ERE por horas. Segundo explicaba onte o patrón maior, Benito González, o expediente de regulación de emprego entrará en vigor o mes que vén, e levará aparejada unha serie de cambios no funcionamento habitual dos servizos que dependen do pósito. E é que, a final de contas, o persoal dispoñerá da metade do seu tempo para realizar o mesmo traballo que ata agora. 
Ante esta circunstancia, explicaba onte Benito González, os socios van ter que afacerse aos novos ritmos da cofradía. Ritmos que salpicarán a todos os servizos nos que se están bosquexando, a estas alturas, os sistemas de traballo que deberán empezar a aplicar en breve. «Cambios claro que vai a haber, ten que habelos», argumentaba onte González. 
O ERE é a primeira das medidas postas en marcha pola cofradía para intentar contrarrestar os 100.000 euros de caída de facturación do ano pasado. Aínda non están botadas as contas de canto diñeiro aforrarase por esa vía, pero «será bastante, porque ou principal gasto que ten a confraría son as nóminas do persoal», argumentaba o patrón maior. 
Benito González explicou que, ademais desa medida que afecta ao persoal, estanse estudando outras alternativas. Subir as tarifas polos servizos que presta a cofradía, unha das alternativas inicialmente baralladas, está descartado. E é que «tal e como están as cousas, non se lle pode pedir máis aos socios», segundo razoaba onte o patrón maior. Así que haberá que seguir buscando cousas nas que o pósito poida apertarse o cinto. 
Nestes dous departamentos, explicaba onte Benito González, intentaranse limitar as horas para realizar determinadas operacións, a fin de axilizar o servizo. Concentraranse en horas máis concretos os cobros ou a recolleita de facturas, segundo avanzou o patrón maior. 
O PSDEG ESIXE ACTUAR CONTRA O PRESIDENTE DAS COFRADÍAS 
Unha iniciativa do PSdG ante a Mesa do Parlamento galego esixe á Xunta que tome medidas contra o presidente das cofradías galegas, Benito González, por "inflar" o orzamento dunha embarcación do pósito de Cambados -do que González é patrón maior- para cobrar axudas comunitarias. A socialista Marisol Soneira sinala que González "está obrigado" a devolver 84.000 euros á CE polo sobreprecio.
A XUNTA RATIFICA A RECLAMACIÓN DO BARCO TRAGOVE A CONFRARIA.
O Secretario Xeral do Mar, Angel Maneiro, declarou que o procedemento preto das axudas o buque auxilar da Confraría, ratificouse recentemente, pero ainda está aberto e por tanto “haberá que esperar o fin do proceso para fixar as responsabilidades tanto no ámbito administrativo como contencioso”. Dicir que Maneiro ten moita amizade con Benito González, e en diversos foros hai xente que tamén desconfia do mesmo.



1 comentario:

MANUEL dixo...

O outro día o xuiz Bermudez mostrouse inclinado a que a todol@s sinvergonzas que rouban diñeiro público se lle fora encima dos patrimonios, a maiores de pagar o que roubaran. Sería unha boa medida para ir erradicando a mais de un cafra que non ten conciencia nin respeto a nada nin a naide. A Cofradía VAI COSTA ABAIXO SEN FRENOS pero festas hai que facelas, os cartos xa saldrán de algún burato, hay que buscar bos "patrocinadores", e falando de patrocinadores mira por donde temos a PORTO DE CAMBADOS, empresa na que según os medios"oficiais" ten mais da metade do accionariado a Cofradía de Cambados.E mira por donde resulta ser que, SEGÚN O PATRÓN MAIOR BENITO GONZÁLEZ EN MISIVA FIRMADA E SELLADA, a Cofradía non ten nada de nada. O sea que é unha empresa privada con cabeza visible do patrón maior de Cambados e dúas persoas mais, que recibeu unha subención da Xunta polo da vieira de moitos miles de euros,é unha empresa que se adica a SACARLLE UN 7% de MERMA os traballadores que van a vieira, é unha empresa que lle comenza a pagar os armadores que traen a vieira a partires dos SEIS MESES de comprar o produto ainda que o produto xa o teñan vendido casi todo de antemán, é unha empresa que se creou para dar un IMPULSO A CONFRARÍA E OS SEUS MARIÑEIROS (xa se vé como), é unha empresa que como outras tantas se creou para encher a CATRO a costa dos mariñeiros que non fan outro delito que "traballar", é unha empresa que segue pagando o kilo da vieira a prezos "saudables" para a empresa,é unha empresa que se fora de verdade da Confraría os beneficios repercutirían en tod@s......Pero a empresa é de quen é, a ver se ten o que hai que ter para decir a verdade nos medios e se deixa de rir dos mariñeiros. O PREGÓN QUE O LEA CALQUEIRA, SE VEN LUIS DEL OLMO DE VERDADE HABERÁ QUE POÑELO EN SITUACIÓN A VER SE LLE CHAMA O QUE LLE HAY QUE CHAMAR A ESTA PANDILLA DE "FUNSIONARIOS MODÉLICOS".