12 de maio de 2013

O PP REXEITOU NO PLENO DE FEBREIRO UNHA MOCION DO PSOE PARA MELLORA DO LUHAR ONDE TIVO LUGAR O ACCIDENTE

UN NOVO ACCIDENTE EN VILARIÑO INDIGNA AOS VECIÑOS, QUE ESIXEN MÁIS SEGURIDADE XA 
OS CULPABLES DESTA SITUACION SON OS CONCELLEIROS DO PP
O cruzamento de Burgáns, en Vilariño, xa foi bautizado polos veciños da zona como un punto negro e por iso presentaron 50 firmas e un escrito esixindo medidas. Oficialmente non posúe está clasificación pero a alta siniestralidad rexistrada na intersección, así como no resto do tramo da PO-300 comprendido entre a rotonda de Gráficas Salnés e a do polígono, é un feito. Tanto é así que o Concello tomouno en consideración e empezou a tramitar unha serie de medias de seguridade que nunca chegan. 
Así o ven os residentes que onte asistiron a un novo accidente de tráfico no que un veciño de Cabanelas, J.A.R., de 65 anos de idade, resultou ferido de consideración, con contusiones no costado e a cara, entre outras, das que foi atendido no Hospital do Salnés. Viaxaba nunha motocicleta coa súa muller, que tamén sufriu lesións?aínda que menos graves?, e, ao parecer, en dirección ao centro de Cambados, para asistir ao mercadillo. Por agora, non están claras as causas do sinistro pero as primeiras hipóteses apuntan a que o terceiro implicado, un ciclista de 21 anos que viña de Burgáns, presuntamente non respectou o stop e cruzouse no seu camiño. Tamén foi trasladado ao centro de Ande porque presentaba unha lesión grave nun tobillo.
INOPERANCIA, OBSTRUCCIÓN E DESIDIA DO PP CARA OS VECIÑOS DE VILARIÑO
O 28 de febreiro de 2013 tiña lugar un pleno no Concello de Cambados, no que entre outras cousas o PSOE por medio da súa concelleira Fátima Abal presentaba unha moción na que esixia do concello dirixirse a Depùtación de Pontevedra e a Xunta de Galicia para dar inicio as xestións oportunas para eliminar a perigosidade do vial PO-300 o seu paso pola parroquia de Vilariño, así como dotala de pasos de peóns, pasos elevados, badéns para reducir a velocidade ou outros sistemas que se consideren, para mellorar a seguridade das persoas e polo tanto permitan a reducción da siniestralidade viaria na zona. O PSOE  e o BNG obviamente votaron a favaor da moción, incomprensiblemente o PP , con Luis Aragunde a cabeza votaron encontra. Que non veñan agora con patrañas e tonterias e mentiras, eles son os  verdadeiros culpables de que no lugar siga habendo accidentes de tráfico.

Ningún comentario: