13 de maio de 2013

“O SACO DE FEFIÑANS” NO PARLAMENTO DE GALICIA GRAZAS O BNG DE CAMBADOS.

PP, PROMESAS, PROMESAS E MAIS PROMESAS, PERO NINGUNHA REALIDADE.
GRAZAS O PP NO SACO XA NON SE PODE MARISCAR.
Segundo nos ven a contar o blog do BNG, hoxe a mañá a deputada nacionalista Montse Prado e o portavoz municipal Victor Caamaño en rolda de prensa derón conta da bateria de preguntas e dunha preposición non de lei presentada ante o Parlamento de Galicia sobre o Saco de Fefiñans e que transcribimos a continuación:

Á Mesa do Parlamento 
Montserrat Prado Cores e Daniel Rodas Chapela, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á clasificación como zona C do saco de Fefiñáns en Cambados e a necesidade de poñer en marcha actuacións para a súa rexeneración. 
O Diario Oficial de Galiza de 30 de abril de 2013, publicou a orde da consellaría do Medio Rural e do Mar de 24 de abril pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galiza. 
Segundo esta nova clasificación empeoran as calidades das augas na zona coñecida como Saco de Fefiñáns (zona comprendida entre a desembocadura da canle de entrada á zona de entre canos e o contorno do Saco de Fefiñáns). Esta zona pasa a ser declarada como zona C a efectos de produción marisqueira, isto é, non se permite a comercialización do marisco extraído nesta área, nin con proceso de depuración posterior. 
Esta zona é aproveitada nos correspondentes planos de explotación a pé da Confraría de Pescadores de Cambados, formada por 2015 mariscador@s. 
O impacto desta nova clasificación alcanza polo tanto a todo este colectivo de mariscador@s, e pon en evidencia a falta de actuación da administración galega 
na adopción de medidas reais, efectivas, non aparenciais nin propagandísticas, de mellora da calidade das augas deste banco marisqueiro. 
O 14 de agosto de 2009 a Conselleira do Mar, Rosa Quintana visitou o concello e a Confraría de Cambados, comprometéndose a levar a cabo o proxecto para a rexeneración do saco de Fefiñáns e mellorar o seu aproveitamento produtivo. 
En xuño de 2010 esta zona pasou a ser clasificada como zona C. 
O 10 de xullo do 2010, de novo visitou Cambados a Conselleira do Mar acompañada polo Conselleiro de Medio Ambiente, para explicar o plan deseñado para evitar os vertidos nesta área e mellorar así a produción marisqueira, o investimento anunciado foi de dous millóns de euros. Esta promesa foi acompañada do anuncio de negociacións coa Consellaría de Sanidade na procura dunha moratoria que permitira @s mariscador@s seguir faenando en áreas pendentes de saneamento. 
No pasado mes de febreiro técnicos de Augas de Galiza acompañados do alcalde de Cambados e do Delegado da Xunta en Pontevedra, presentan un proxecto sobre “recollida de vertidos no Saco de Fefiñáns”, Fase II e anuncian un investimento para o mesmo de 1.135.495, eso sí de novo, sen datas de inicio nin prazos de execución. 
É evidente que o Goberno galego coa complicidade do concello de Cambados tan só se adican a anunciar medidas de propaganda mais non á efectivización das actuacións precisas que permita sanear, depurar esta zona. Todo indica que o 
obxectivo non é priorizar o aproveitamento produtivo e mellorar o saneamento, senón que polo contrario demorar a posta en marcha de ningunha solución, permitir máis e máis a degradación deste banco marisqueiro para xustificar a potenciación doutros usos. 
Os postos de traballo de 215 mariscador@s a pé, e máis que poderían desenvolver esta actividade, deben ser motivo máis que suficiente como para que por parte da Xunta se fagan todos os esforzos para non por en risco a súa viabilidade, sobor de todo nuns momentos onde o desemprego é a maior preocupación d@s galego e galegas, con case 300.000 persoas desempregadas, das cales 1.795 son veciñ@s de Cambados. 
Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, presenta as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión. 
 1. Cales son as causas do empeoramento da situación do Saco de Fefiñáns no tocante á calidade das súas augas? 
 2. Por que razón incumpreu o Goberno galego os compromisos adquiridos no seu día para rexenerar e recuperar o saco de Fefiñáns? 
 3. Ten realizado algunha actuación a Consellaría do Medio Rural e do Mar para a rexeneración do Saco de Fefiñáns?, cales? En que datas? 
 4. Teñen localizados os focos contaminantes?, cal é a súa procedencia? 
 5. Que medidas ten pensado tomar para a rexeneración desta zona de produción marisqueira? 
 6. Que medidas concretas se adoptarán en materia de saneamento, depuración e erradicación de focos contaminantes no Saco de Fefiñáns, en que prazos concretos e con que actuacións concretas? 
 7. Ten avaliado a Consellaría do Medio Rural e do Mar as repercusión do peche deste banco para o colectivos de mariscador@s a pé de Cambados? 
 8. Ten previsto a Consellaría do Medio Rural e do Mar suscitar algún convenio coa confraría de Cambados, a fin de que @s mariscador@s a pé afectad@s por esta situación perciban algún tipo de compensación? 
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013 
Asdo.: Montserrat Prado Cores 
Daniel Rodas Chapela 
Deputada e deputado do G.P. do BNG 

Á Mesa do Parlamento 
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa do deputado e das deputadas Montserrat Prado Cores, Daniel Rodas Chapela e Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á clasificación como zona C do saco de Fefiñáns en Cambados e a necesidade de poñer en marcha actuacións para a súa rexeneración. 
O Diario Oficial de Galiza de 30 de abril de 2013, publicou a orde da consellaría do Medio Rural e do Mar de 24 de abril pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galiza. 
Segundo esta nova clasificación empeoran as calidades das augas na zona coñecida como Saco de Fefiñáns (zona comprendida entre a desembocadura da canle de entrada á zona de entre canos e o contorno do Saco de Fefiñáns). Esta zona pasa a ser declarada como zona C a efectos de produción marisqueira, isto é, non se permite a comercialización do marisco extraído nesta área, nin con proceso de depuración posterior. 
Esta zona é aproveitada nos correspondentes planos de explotación a pé da Confraría de Pescadores de Cambados, formada por 2015 mariscador@s. 
O impacto desta nova clasificación alcanza polo tanto a todo este colectivo de mariscador@s, e pon en evidencia a falta de actuación da administración galega na adopción de medidas reais, efectivas, non aparenciais nin propagandísticas, de mellora da calidade das augas deste banco marisqueiro. 
O 14 de agosto de 2009 a Conselleira do Mar, Rosa Quintana visitou o concello e a Confraría de Cambados, comprometéndose a levar a cabo o proxecto para a rexeneración do saco de Fefiñáns e mellorar o seu aproveitamento produtivo. 
En xuño de 2010 esta zona pasou a ser clasificada como zona C. 
O 10 de xullo do 2010, de novo visitou Cambados a Conselleira do Mar acompañada polo Conselleiro de Medio Ambiente, para explicar o plan deseñado para evitar os vertidos nesta área e mellorar así a produción marisqueira, o investimento anunciado foi de dous millóns de euros. Esta promesa foi acompañada do anuncio de negociacións coa Consellaría de Sanidade na procura dunha moratoria que permitira @s mariscador@s seguir faenando en áreas pendentes de saneamento. 
No pasado mes de febreiro técnicos de Augas de Galiza acompañados do alcalde de Cambados e do Delegado da Xunta en Pontevedra, presentan un proxecto sobre “recollida de vertidos no Saco de Fefiñáns”, Fase II e anuncian un investimento para o mesmo de 1.135.495, iso si de novo, sen datas de inicio nin prazos de execución. 
É evidente que o Goberno galego coa complicidade do concello de Cambados tan só se adican a anunciar medidas de propaganda mais non á efectivización das actuacións precisas que permita sanear, depurar esta zona. Todo indica que o obxectivo non é priorizar o aproveitamento produtivo e mellorar o saneamento, senón que polo contrario demorar a posta en marcha de ningunha solución, permitir máis e máis a degradación deste banco marisqueiro para xustificar a potenciación doutros usos. 
Os postos de traballo de 215 mariscador@s a pé, e máis que poderían desenvolver esta actividade, deben ser motivo máis que suficiente como para que por parte da Xunta se fagan todos os esforzos para non por en risco a súa viabilidade, sobor de todo nuns momentos onde o desemprego é a maior preocupación d@s galego e galegas, con case 300.00 persoas desempregadas, das cales 1.795 son veciñ@s de Cambados. 
Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en comisión 
O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a; 
 1. Localizar, conxuntamente co concello de Cambados, os focos de vertido, e a súa procedencia, responsábeis da contaminación das augas do Saco de Fefiñáns. 
 2. Poñer en marcha, con carácter de urxencia, conxuntamente co concello de Cambados , unha programación prioritaria de actuacións de saneamento e depuración no Saco de Fefiñáns, para a eliminación dos focos de vertidos contaminantes. Estas actuacións estarán rematadas no prazo máximo de 6 meses. 
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013 
Asdo.: Montserrat Prado Cores 
Daniel Rodas Chapela 
Deputada e deputado do G.P. do BNG 
Ana Belén Pontón Mondelo 
Viceportavoz do G.P. do BNG 

Ningún comentario: