21 de maio de 2013

VECIÑOS DE CASTRELO DENUNCIAN CO BNG UN VERTEDOIRO INCONTROLADO

EMPREGADOS MUNICIPAIS CAUSANTES DE VERTEDOIRO.
O portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados, ven de denuniciar no Concello, grazas a colaboración dos veciños da parroquia  que en diferentes ocasións, veciños/as das parroquias de Cambados, puxéronse en contacto co grupo municipal do BNG para trasladarlles demandas sobre a eliminación de vertedoiros ilegais nas proximidades das súas vivendas e que o BNG, puxo en coñecemento da Alcaldía para que foran eliminados.
Nesta liña, hai uns días que veciños e veciñas de Castrelo, lles  informaron de que desde hai 4 ou 5 meses, empregados do concello estiveron cambiando unhas farolas, nunha rúa que pasa pola parte traseira da Adega de Condes de Albarei  e que deixaron os restos tirados no chan (achegamos foto). Inicialmente os veciños/as crían que os residuos deste arranxo serían retirados con posterioridade pero pasado o tempo comprobaron, decepcionados, que iso non ocorría. Como vostede comprende, o exemplo que se está a dar nesta ocasión desde a Administración municipal  resulta do máis decepcionante para o cidadán e sería imprescindible que desde o concello se trasladaran comportamentos exemplares que axudaran a concienciar á cidadanía da importancia de ser respectuoso, tamén, co medio ambiente
O BNG ven de soliciar que sexa eliminado, canto antes, os restos das farolas reparadas no lugar sinalado. Así mesmo consideran que na entrada do Punto Limpo de Cambados debería ser colocado un cartel, ben visible, onde se puidera consultar os horarios deste servizo, pois moitos dos usuarios cando van a depositar lixo a este lugar o encontran pechado e sen información sobre o horario de funcionamento. A nova ven de publicarse no blog do BNG.

Ningún comentario: