Estamos cansos de que Luis Aragunde sexa un prepotente, estamos cansos de que este individuo que temos como alcalde minta máis que fale, estamos cansos das súas patrañas
non pode ser que haixa colectivos en Vilagarcia que recollan libros e alimentos para nenos probes de Camados (e isto no decimos nos saiu publicado no Diario de Arousa, periódico nada sospeitoso de ser do BNG) e el e os seus amigos cobren sobren soldos millonarios, e dificiil esgotar a paciencia a unha persona tranquila, afable, educada e metódica como Victor, pero despois de arremeter contra unha mariscadora por defender o pan dos seus fillos, o voceiro do BNG, Victor Caamaño dille catro verdades a Luis Aragunde no seu derradeiro artigo publicado no blog do BNG,e que polo seu interese reproducimos tal cual:
non pode ser que haixa colectivos en Vilagarcia que recollan libros e alimentos para nenos probes de Camados (e isto no decimos nos saiu publicado no Diario de Arousa, periódico nada sospeitoso de ser do BNG) e el e os seus amigos cobren sobren soldos millonarios, e dificiil esgotar a paciencia a unha persona tranquila, afable, educada e metódica como Victor, pero despois de arremeter contra unha mariscadora por defender o pan dos seus fillos, o voceiro do BNG, Victor Caamaño dille catro verdades a Luis Aragunde no seu derradeiro artigo publicado no blog do BNG,e que polo seu interese reproducimos tal cual:
Despois de máis de tres anos co banco marisqueiro da Saco de Fefiñáns como zona C, xa vai sendo hora de que Luís Aragunde deixe de facer promesas sobre o saneamento desta zona do litoral e se vexan resultados reais. A realidade que pide o BNG non se refire a que este verán comece algunha obra para que se vexa que por fin fai algo ao respecto o PP. A única realidade que aceptaría o BNG é que este banco marisqueiro recupere a súa cualificación de zona B. Isto non é un capricho do BNG, senón que o marisqueo debe ser a aposta de cambados por un sector produtivo que é o único que está a crear postos de traballo.
Recordámoslle a Luís Aragunde que o concello é o responsable do saneamento municipal e debe ser o goberno municipal quen reclame, non promesas, senón as inversións da Xunta para facer un saneamento real e non mediático. Porque os 2 millóns de euros que prometeron os seus conselleiros (de Mar e de Medio Ambiente) para sanear o Saco de Fefiñáns, hai máis de tres anos, so se viron nos medios de comunicación e iso so se pode cualificar de engano aos cidadáns e cidadás e, especialmente, ao colectivo de mariscadoras.
Tamén lle recordamos, á fráxil memoria do Alcalde, que cando o Saco pasou a ser considerado zona C, foi no ano 2010, cando na Xunta gobernaba o PP e non o bipartito. Porque cando un representante político ten a responsabilidade de gobernar e xestionar unha administración non pode pasarse a vida, como fai Luís Aragunde, botándolle a culpa aos gobernos do pasado, porque esta actitude so demostra a súa incapacidade e inutilidade como gobernante.
E rematamos recordándolle, ao alcalde, que a crispación social non a crea o BNG, créaa un partidos político, como o PP, que promete unhas cousas en campaña electoral e despois, cando goberna, aplica as políticas contrarias ás prometidas. A crispación social créana os partidos políticos que prometen postos de traballo e despois so crean paro. A crispación social créana os partidos políticos que prometen baixadas de impostos e despois os soben de xeito desorbitado. A crispación social créana os partidos políticos que prometen axudar aos cidadáns cotra os abusos da banca e despois o que fan é legalizar o roubo das participacións preferentes. A crispación social créana os partidos políticos que prometen a defensa dos servizos públicos e despois privatízanos a empresas privadas dos seus amigos. A crispación social créana os partidos políticos que prometen transparencia pero que despois os seus representantes cobran soldos en negro das empresas amigas que levan os contratos públicos. A crispación social créana os partidos políticos que prometen saneamento de bancos marisqueiros pero o que realmente pensan é en transformalos en zonas lúdicas. En fin, a crispación social créaa o PP coa súa forma hipócrita de gobernar.
.jpg)



Ningún comentario:
Publicar un comentario