27 de xuño de 2013

A CAMBADESA ARACELI BUGALLO SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE ESGRIMA.

NA CATEGORIA DE VETERANOS EN MADRID.
Araceli Bugallo vén de colgarse ao pescozo a medalla de prata no Campionato de España de
esgrima na categoría de Veteranos celebrado en Madrid. 
A tiradora cambadesa superou en oitavos de final a Georgina Jolin, do VCE de Valladolid para logo medirse tamén con éxito a Cristina Sánchez do Ceis de Canarias. Xa en semifinais tamén superou á asturiana María José Cordeiro. 
A final enfrontoulle a unha das súas históricas rivais como é o caso de Rosa Cano do Olivo. A igualdade do enfrontamento foi tal que se resolveu cun 15-14 en detrimento de Araceli Bugallo, tiradora que compite con licenza da Asociación Vilagarcía Esgrima. 

Ningún comentario: