27 de xuño de 2013

AGORA RESULTA QUE OS PREFERENTISTAS SON OS DELINCUENTES

O QUE FAN CON LOIS BAULO A AUTORIDADES, POLITICOS E A PRENSA NON TEN NOME.
O trato que está a ter polas autoridades e a prensa Lois Baulo é denigrante, resulta que tanto uns como outros están dando unha imaxen desta rapaz como se fora un simple delincuente, pero que lle imos pedir a prensa subsidiada por un poder que meteu no pozo os preferentistas. 
Mois poucos saben que este home por un accidente de tráfico ten  unha minusvalía psíquica do 55%, apartándoo do seu oficio de carpintero e deixándolle cunha pensión de 700 euros para manter á súa familia. De feito, o seu defensor xurídico considerou por aquel entón que había base suficiente para sustentar unha denuncia por presunta estafa contra a entidade financeira donde el depositou nada mais e nada menos que 63.000 euros.
Os preferentistas teñen unha pacienda ilimitada, foron estafados polos banqueiros, burlaronse deles os politicos Populares, a sua desesperación a veces ofrecenos imaxes que algúns non tomamos realmente en serio. Un non se imaxina que seas estafado pola cantidade de 63.000 e non teñamos a comprensión de entendelos e sobre todo comprendamos a súa indignación, é lícita. Politicos como Louzán antes das eleccións autonomicas, prometeronlle os preferentistas o ouro e mouro e unha vez pasaron as eleccións están a burlarse deles todos os días, mentras en Madrid o PP machaca vivos os preferentistas,  os "polituchos" de aqui mareanos o que queren e mais.
Lois Baúlo  foi reducido por axentes da Garda Civil e desaloxado ou outro dia no Baixo Miño. As versións ofrecidas onte sobre os motivos da actuación policial diferían bastante entre si e eran pouco claras. Ata se chegou a dicir que Baúlo foi detido, con todo, nalgunhas imaxes tomadas polos medios de comunicación non aparece esposado, únicamente reducido no chan e conducido polos gardas a un coche patrulla. Outras fontes sinalaron que de alí o trasladaron a un centro de saúde. 
O seu avogado, Carlos Alonso, xa tomou cartas no asunto.
E por favor cando vexamos os preferentistas manifestarse entendamolos os “malos” non son eles. Os malos teñen despacho de luxo e viven a conta deles e nosa, o que merecen os preferentistas non é nosa repulsa, senón o noso aplauso. 

Ningún comentario: