16 de xuño de 2013

CHENOA REPITE EN CAMBADOS ONCE ANOS DESPOIS

O CATOIRENSE ROI CASAL E A SÚA BANDA, UN INTERESANTE CONCERTO.
Normalmente Cambados non sole repetir actuación no caso de Chenoa parece ser que se fai unha excepción. Para min o concerto da Praza de Fefiñans de Chenoa e Bisbal fai once anos,  foi inesquencible  fois a mi filla contaba con seis anos de idade, e tivena a cachapernas as duas horas que case durou o concerto (amor de pai), agora quedei co especo "escarallado". 
Chenoa e Civeras veñeno de confirmar nas webs oficiais, estarán na vila cambadesa o 1 de agosto, o día da Gala do Albariño, para subirse ao escenario da Praza de Fefiñáns. Ela farao ás 23 horas e el media hora máis tarde. 
Serán dous máis das grandes presenzas musicais en toda a programación do Albariño, da que aínda quedarán nomes por coñecer. 
David Civera promociona a súa aparición en Fefiñáns coa realización de “actuacións”, mentres que Chenoa promete un “concerto acústico”. O primeiro atópase preparando o novo disco que prevé sacar ao mercado cara a finais de ano. Como adianto, presenta o novo single “Rouboume o Corazón”. A actuación en Cambados enmárcase na súa vira de verán, que tamén o levará ao Obradoiro de Santiago. 
Chenoa, pola súa banda, volve aos escenarios tras unha estancia en Londres explorando novos sons. De aí nace “Quinta Dimensión”, como adianto ao seu novo disco, que promete estar á venda en setembro. A estes sumase a xa consabida  e polémica Julieta Venegas que estará o sábado do Albariño.
ROI CASAL
Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, xa que dende os 14 anos toca a arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzoki. Formado na arpa céltica co reputado Mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000.
Tras case unha década de carreira co grupo na que grava seis discos, no ano 2008 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas Douradas, un dos discos máis vendidos durante o ano 2009 en Galicia. Composto por doce cancións, neste traballo fusionábanse a música tradicional e a modernidade dunha forma natural e harmónica
Maxicamente vello é o título do novo disco en solitario de Roi Casal, un conxunto de cancións coas que Roi consolídase como un dos referentes da música feita en Galicia. Coa sonoridade característica que lle confire a arpa, a zanfona ou o bouzouki, Maxicamente vello é un disco que mira cara a tradición dende a modernidade, dando como resultado un traballo maduro repleto de matices e no que participa o grupo habitual dos directos de Roi nos dous últimos anos.

Ningún comentario: