"ALZA LA VOZ CAMBADOS" DI QUE A EMPRESA QUE VAI FACER O PLAN ESTÁ MANCHADA.
O Grupo Municipal do BNG ven de enterarse de que por parte da Consellerís de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, vaise proceder á elaboración dun INFORME DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA do PXOM de Cambados, para o que abreu un prazo de un mes, que remata o día 5 de xullo, para que toda toda clase de colectivos ou persoas individuais poidan achegar suxerencias ao mesmo.
O BNG anima a todos os colectivos sociais ou veciñas e veciños de Cambados para que participen neste proceso coas súas achegas, o que poden facer a través de Internet no enlace http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Avaliacion_ambiental
Asimesmo, o BNG quere denunciar publicamente a desidia e escurantismo do goberno municipal do PP neste tema. Por unha banda estamos cun PXOM, do que se nos presentou un avance hai máis de dez anos, sen que ata agora houbese ou máis mínimo interese por sacalo adiante, o que supón que estivese paralizado un ducumento tan importante para o desenvolvemento urbanístico de Cambados e que afecta de forma xeral a numerosos veciños e veciñas. Por outra banda, agora que semella que por fin o goberno municipal de Cambados se anima a retomar o tema, non se lle informa a ninguén e ocúltaselle, malintencionadamente, á poboación o inicio deste trámite, comezou que xa o día 4 de xuño.
"ALZA LA VOZ CAMBADOS" DI QUE A EMPRESA ESTÁ "MANCHADA"
Abondando no tema hoxe o Blog cambadés “ALZA LA VOZ CAMBADOS” nun interesando post dinos que a empresa que se lle encarga a elaboración do plan está “manchada”.
Abondando no tema hoxe o Blog cambadés “ALZA LA VOZ CAMBADOS” nun interesando post dinos que a empresa que se lle encarga a elaboración do plan está “manchada”.
E seguese a dicir no blog en cuestión: “O Concello de Cambados decidiu, de feito, que a empresa máis idónea para realizar o Plan é, de novo, a mesma á que xa se adxudicou o proxecto no último intento frustrado que se presentou fai varios anos e que xerou un documento que acabou nun caixón. Pero o peor non é iso. A adjudicataria de tan importante planificación ten xa unha sombra na súa historial cun escándalo que tivo lugar no ano 2008 no concello de Lugo, gobernado por aquel entón polo mesmo partido (o PP) que actualmente rexe os designios dos veciños de Cambados.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario