12 de xuño de 2013

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS…ATE ME AGASALLARON CUNHA ROSA.

"Cada vez que veo los morritos de Leire Pajín pienso lo mismo" Alcalde Valladolid PP (20/10/10)
“Chochito de Oro”.- Xaquin Charlin exconcelleiro do BNG 12/06/2013
Cada un pode coller as diferencias entre as duas frases como queira, pero as dúas son desafortunadas. A diferencia estriba en que o primeiro é do PP e ningúen do seu partido nin da caverna mediática da dereita  lle pediu a dimisión e segue no se cargo  e a segunda é do exconcelleiro que vos escribe, e  dimitiu “voluntariamente”. 
Moitas grazas a quen a
enviou. 
Pasou o temporal, agora ven a calma chicha como dicimos en Cambados. Unha vez a caverna mediatica da dereita esplaiose  amplamente sobre min largando por esa boquiña toda clase de insultos e improperios, volvemos a rutina de seguir denunciando neste blog a corrupción que temos en Cambados, en Pontevedra e en Galicia. De verdade que estou abraiado coa cantidade de mostras de cariño e de solidaridade que me enviaron nun so día, dende a a formación que representaba, dende as filas de ANOVA,  PSOE, incluso , sorprendedevos,  dende as filas do PP .  Quero agradecer a todos esas mostras, tamén a miña familia que nin por un instante dubidou de min, os meus amigos, coñecidos etc. compañeiros e compañeiras de traballo, xuices, fiscais, abogados, procuradores etc, recibin apoios de toda Galicia, Pais Vasco, Cataluña, Illes Baleares etc.   moitas grazas a todos. Tempo haberá de ir analizando polo miudo a situación.  O que mais me doue é que xente do meu partido sen coñecerme me chamase “mixoseno” como a deputada Olaia, iso  estivo fora de tono de lugar e de tempo. De verdade que agradezo a todos e cada un de vos os vosas mostras de cariño incluso os que reprendendome tamén me enviaran mostras de solidaridade,  salientar a infinidade de  mostras enviadas por  mulleres, compañeiras, amigas , descoñecidas etc. pero quero destacar unha en especial e que perdoen os demais, unha que non sabedes o que me emocionou, a do meu fillo  que dicia así: “Un último apoio no día de hoxe o meu pai e mestre Chon xa lle gustaría a moitos ter sido fillo deste machista, maleducado, patán e ata tonto lle chamaron hoxe. Neste día síntome máis orgulloso que nunca de ser teu fillo. Estabas aí polos teus ideais e as túas conviccións levaronte a dimitir logo dun "erro". Porque a min chamarlle "chochito de oro" a alguén que gasta 40.000 € de cartos públicos nos seus coidados durante o embarazo, tampouco me parece tan mal e aínda por riba quere sair de "rositas" do tema”.
Quero por último mandar un abrazo moi amigable a todo o Consello Local de Cambados polo seu comportamento de onte e unha mención especial a duas persoas marabillosas, incansables traballadores por e para Cambados, Victor Caamaño e Maria Xosé Cacabelos, foi un verdadeiro pracer traballar con eles. 
O dito e agora a volta ao traballo neste blog que xa estivo ben de ser tan perguiceiro. Por certo espero as vosas colaboracións. Unha abrazo a todas e todos.
XAQUIN CHARLIN GONZALEZ “CHON”

1 comentario:

MAP dixo...

Qué poca categoría tiene usted.