25 de xuño de 2013

NOVO ESCÁNDALO NO CABILDO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS

UNHA MEMBRO DO CABILDO NON DIMITE PESE A COMETER PRESUNTAMENTE  UNHA FALTA GRAVE COMO MARISCADORA
Unha membro do Cabildo da Confraría de Cambados, e persoa de toda confianza do Patrón Maior  Benito González, na súa condición de mariscadora de a pe ,  cometeu unha falta grave prevista e penada polo Regulamento de Réxime Interior da Agrupación profesional de Mariscadoras de A Pe, pertencente a Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.
Ao parecer a membro do Cabildo en cuestión  levou tres quilogramos de ameixa sen pasar polo punto de control, feito que está considerado unha infracción grave, cuxa sanción acarrea, se é a primeira vez unha semana sen mariscar e como medida provisional  do procedemento sancionador podería ser retido o valor en lonxa da captura, durante o tempo de tramitación da resolución do expediente, e unha vez resolto este deberase devolver ou ingresar na conta da Agrupación segundo o sentido da resolución. 
Isabel Pérez, presidenta das mariscadoras de A Pe, debe e ten que tomar cartas no asunto e incoar o oportuno expediente sancionador contra esta mariscadora por unha falta grave, se non o fixera todas as mariscadoras terían dereito a levar marisco sen pasar por control e entón seria un caos. 
Hai quen di que a directiva das mariscadoras tenlle certo temor a esta mariscadora pois “coñece cousas” e parece ser, isto dito con todos as reservas, que non é a primeira vez que a membro do Cabildo de Benito Pelea, fai a mesma operación, a outra vez ao parecer  non saiu a luz pública..
Nin que dicir ten que esta señora debería de dimitir inmediatamente como membro do Cabildo, pero tendo o Presidente do mesmo a  Benito Gonzalez, imputado en dous asuntos por delitos moi graves, non é moi bo exemplo que digamos.
Estaremos atentos a resolución deste asunto e xa vos contaremos.

1 comentario:

MANUEL dixo...

DIME CON QUIEN ANDAS Y TE DIRÉ LOS KILOS DE ALMEJAS QUE PUEDES TRAER "agochados". Manda carallo,a o presidente da agrupación do raño estano a cabrear para ver se reventa e expulsalo do cabido ( hay que ter "motivos" como fixeron con outros), mentras ese patrón maior ten nas súas filas a acólitos que non cumpren os requisitos, denunciados ante a Xunta pero que él os mantén o seu carón.Vamos ver que vai facer con esta muller... ¿De verdade fai falta roubar ameixas para vivir? ¿Este é o exemplo a seguir para un colectivo que ata o de agora fixo todo o ben que supo e pudo? A xente como esta muller non se pode ter nin nos órganos de goberno (que lle apliquen o reglamento como fixeron con outros co só pecado de tocar os guevos)nin nun colectivo profesional. Habrerá que seguir de cerca o desenlace, ¡os "cambiachaquetas" o poder!.