21 de xuño de 2013

O ALCALDE "MANDÓN" LUIS ARAGUNDE SANCIONA CON MULTAS COERCITIVAS A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

O BNG NON SE DEIXARÁ AMEDRENTAR; A RÚA NON É DO PP. TRABALLAR POLOS DEREITOS DA XENTE DE CAMBADOS SEGUIRÁ SENDO A SUA PRIORIDADE
Nunha nota que se nos envio polo BNG dinos que o alcalde de Cambados vese que segue obedientemente as novas ordes da dirección do Partido Popular de empregar todos os medios ao seu alcance para tentar calar ao BNG, e semella que quere copiar no noso concello as actuacións amenazantes do Delegado do Goberno Español na Galiza contra a nosa organización política. 
Así vén de comunicarlle ao BNG o inicio dun expediente sancionador pola colocación de catro carteis informativos nos que esixíamos o urxente saneamento do Saco de Fefiñáns; o que consideramos unha prioridade para o sector do marisqueo cambadés ao ser o mar estratéxico na economía do noso concello.
Ao PP o único que realmente lle interesa é que a xente non teña información, amedrentar á sociedade para que non se mova e non responda ás agresións e para que non se enfronte ás tremendas decisións políticas que está a aplicar co único obxectivo de eliminar dereitos sociais e democráticos. E para acadar eses obxectivos non ten inconveniente en criminalizar a organizacións políticas ao tempo que blanquea a histora de verdadeiros delincuentes condenados que son da súa corda.
Neste momento comprobamos como curiosamente o mesmo concello de Cambados que reduce servizos aos veciños e veciñas, o mesmo alcalde que di non dispor de tempo nin de persoal para responder ás preguntas e ás peticións de información municipal que lle fai o  BNG  si ten recursos para controlar se o noso grupo político coloca algún cartel e, por suposto, para facer un escrito ameazando de sanción; para iso si dispoñen de tempo e de persoal.
Non estaría mal que Luis Aragunde empregara eses recursos municipais en atender ás necesidades dos veciños e veciñas, e que el mesmo puxera empeño en esixir da Xunta de Galiza que acometa o saneamento do Saco de Fefiñáns atendendo ás reivindicacións das mariscadoras.
Pero xa comprobamos que non é así, teñen outros intereses e esta maneira de actuar  do PP demostra que a súa prioridade non é solucionar o problema do saneamento do Saco de Fefiñáns,  para eles o importante é que a xente non se entere da problemática deste banco marisqueiro. Para eles o importante é que a xente non saiba que a incompetencia e os intereses do PP, durante moitos anos de goberno municipal, levaron a que as deficiencias no saneamento do concello de Cambados sexan, hoxe, motivo de ameaza para moitos postos de traballo do sector do marisqueo. Por certo, o único sector produtivo de
Cambados  que está a crear postos de traballo no concello, pois no último ano integrou a máis de 50 mariscadoras e pode asegurarse que este aumento de emprego no marisqueo foi pese ao PP.
Debe quedar claro que O BNG non se vai deixar amedrentar polas ameazas do PP e seguirá na rúa facendo todo o posíbel por informar á xente e por demostrar que a defensa dos sectores produtivos debe ser a aposta prioritaria do concello de Cambados e de Galiza.

Ningún comentario: