11 de xuño de 2013

RECTIFICAR É DE SABIOS E DIMITIR NON É UN NOME RUSO. EU DIMITO.

Dada a repercusión que colleu o post publicado  neste blog e do que se fixo eco “La Voz de Galicia  teño que facer as seguintes consideracións:
1º.- Non medindo a repercusión mediatica que podia ter o apelativo adicado a unha muller, e despois de pedir perdón a esta señora en particular e a todos colectivos feministas en xeral así como a toda a sociedade e especialmente ao BNG, veño  de presentar a miña dimisión como membro do Consello Local do BNG de Cambados e renuncia a acta de concelleiro no Concello de Cambados.
2º.- Sinto haber defraudado a certa xente, e sobre todo os meus amigos e coñecidos.
3º.- O BNG e unha fronte forte, democrática e de futuro,   a antes de facerlle o mínimo dano  prefiro apartarme da política, que por certo  era unha cousa accidental , eu vivo do meu traballo.
4º.- Os que me coñecen saben que nin son machista nin sexista, pero un cando comete un erro deste calibre ten que pagar por iso, e a dimisión é un custo alto pero é o prezo que teño que pagar.
5º.- Por último é curioso que eu teña que dimitir por un erro deste calibre, mentres outros imputados unha , duas ou tres veces seguen no cargo. Pero un ten que ser consecuente coa súa filosofía.
6º.- Grazas a todos que me chamachedes para aopiarme  e entendo as críticas que me cairon hoxe e que me van seguir caindo, pero o blog, prese a todo,  vai seguir adiante.
XAQUIN CHARLIN "CHON"

13 comentarios:

MANUEL dixo...

O teu apartado 5 é donde todos os políticos deben mirarse, creo que a repercusión mediática a fan os que lle interesa que te apartes un pouco do seu camiño, calquera que te coñeza somente no ámbito do pueblo e defendendo o que tí defendes non ten que sentirse avergonzado do sobrenombre que nos ocupa. Coa que estamos a pasar e ver esos descontroles económicos e doutras índoles fan que a veces saia o demo que levamos dentro e irrumpir de forma que pode ofender a algún que outro colectivo. EU POLA MIÑA PARTE DOUCHE A MIÑA ENHORABOA POLO QUE HASTA AGORA DEFENDECHES, DIGNIDADE E RESPETO, E SÚMOME A QUENES NA TUA INTIMIDADE TE APOIARON. Chon, esta vida é o que é, e tí xa estás curado de carallos de este tipo.ÁNIMO.

Ivan dixo...

xoxito de oro , jajajajaja

Unknown dixo...

Hola,

No estoy afiliado a ningún partido, no soy nacionalista, no tengo nada que ver con el BNG.... pero me parece injusto, hipócrita y desmesurado que alguien tenga que dimitir por llamarle "chochito de oro" a las ministras que usan dinero público para pagarse sanidad privada....
Pido la readmisión de Xaquín Charlín! y la dimisión del presidente del gobierno!

Unknown dixo...

Pois eu non sei se es é unha expresión políticamente correcta ou non. Que vai por diante que eu non son do BNG, e mesmo discrepo abertamente. Simplesmente, un lector curioso desde Ferrol.
Desde o máximo respecto ao colectivo feminista, que entendeo que se sintan agraviadas (esa expresión en boca dun representante político "chirría" un pouco, certamente), e desde a máxima ignorancia sobre o autor da polémica frase, pregúntome qué habería que facer con todas as declaracións dos Cacharros, Baltares, Fragas, e fascistas varios que pululan pola xeografía política galega. Porque se aplicamos esta xustiza mediática a esta persoa (que non coñezo en absoluto)¿non habería que facer tamén o mesmo cos outros? ("Lo único interesante de esa señora es el escote", Fraga dixit)
Moita hipocrisía por parte de "La Voz de su amo" vexo eu.....

Juan dixo...

Eu se fose muller e me dixeran que para facer unha revisión xinecoloxica rutinaria tivese que esperar ano e medio nunha lista de espera, si me sentiría agraviada. Eu non sei si terá un chochito de oro, pero o que si ten e moita cara.

Manolo dixo...

...e que conste que eu non son do bloque.

Rita dixo...



machismo e deixar a milleiros de mulleres sen revisións xinecolóxicas debido ós recortes do PP en sanidade e nn unhas desacertadas palabras sacadas completamente de contexto. un desculpa estaría ben. pero demitir e unha mostra e exemplo de coherencia. moito animo.
discrepo nunha cousas solamente de chochito de oro nada o q ten e chocho pocho.
unha aperta

Gladiador dixo...

A expresión foi politica e mediaticamente desafortunada. Aiche, e ouboche, moitas deste tipo a inda nunca correra a sangue.

Tampouco son afortunadas a maior parte das mulleres (Juanas do pobo) que piden unha cita pro xinecologo e danlla pro ano que ven (si Dios quiere) Esas non entran no programa da revisión xinecológida da Moncloa.

Por certo; non son nin duns nin doutros. Son eu mailas miñas circunstancias

Perico dixo...

Manda carallo nun estado donde dende as mais altas instancias do Estado roubase a mantenta, donde se asesina "legalmente", donde se incumple o programa (contrato) co que se concurre a unhas eleccions e non pasa absolutamente nada, e ten que ser un concelleiro do BNG por unha expresion non moi afortunada o que ten que facelo. Sempre fostedes uns adans e asi vos vai. Haber se un dia a tortilla da volta e se empeza a valorar a coerencia.

Manuel Tirado dixo...

 Vade retro Soraya http://histericapeninsula.blogspot.com.es/2013/06/vade-retro-soraya.html

Unknown dixo...

A real academia española define chocho como vulva.

Non son votante do BNG nin de ningún outro (son un desencantado da clase política), pero neste caso, so podo aplaudir o comentario orixe da polémica e non vexo a necesidade de dimisión.

Ánimo!.

Contacto: dixo...

Olá:

Som home já de mais de 50 tacos, nom simpatizo com nengum partido político, mas levo umha longa vida de activismo social (e político) com especial sensibilidade a nom cair no uso de linguagem discriminatória (nom só de genero).

Mas crio que neste tema está a trunfar a hipocrasia (a do PP em especial e a do BNG ao fazer-lhes o seu jogo).

Considero que alcumar "Chochito de Ouro" a alguém que se gasta dinheiro público em ginecologia, é tudo um acerto; considerar que é um insulto machista é umha estupidez. Que se passa?, é que ao usar um termo relaçonado com os organos sexuais femininos, já se está a fazer machismo?? Outra coisa seria tilda-la de "chochito de ouro" por gastar-se os quartos em mercar roupa ou calçado ou joias (onde sim teria fortes conotaçons sexistas) pero a realidade é que se gastou os 40 mil € em vissitas ginecológicas (!!!). Nom sei se haverá algumha outra mulher que tenha esses gastos anuais em revisons ginecológicas pero o duvido muitíssimo, de ai que o apelativo é moi apropriado e acertado, ao igual que si se tivera gastado os 40 mil em revisons odontologas teria sentido chamar-lhe "dentes de ouro".

Nom é a utilizaçom de termos sexuais o que marca a discriminaçom na liguagem senom o seu mal uso.

MANUEL dixo...

Despois de ler o comentario de CONTACTO quero recoñecer como MOI ACERTADO E COHERENTE o seu comentario. As "feministas" e os "machistas", E OS QUE NON O SON, son persoas que ante a lei teñen os mesmos dereitos e responsabilidades, dende o momento que hai que facer un ministerio de igualdade a xustiza e a democracia non funcionan, no seu fuero interno (tanto uns coma outros) saben que a diferencia aparece nada mais enxendranse, somos distintos por "natureza". Somos tan estúpidos que deixamos sen cartos a educación ( que serve moito para educar e ampliar horizontes sexistas amén da base como persoa)e adicámonos a batallar por poñerlle un alcume a unha persoa que NON É IGUAL ANTE A LEI ( se as demais mulleres contaran as súas desventuras e aventuras en temas de esperas e actuacións hospitalarias non acabaríamos nunca) porque ainda que a CONSTITUCIÓN dí outra cousa, esa muller ten un trato preferente desorbitado, e ainda coa súa condición de vice non pode haber tanta sangría e tanta inxustiza co resto das mulleres.¿ De verdade que o colectivo feminista non se para a pensar na REALIDADE DO PROBLEMA? O problema non é CHOCHITO DE ORO, o problema é AS POLÍTICAS DE MERDA QUE ESTÁN AFUNDINDO O PAÍS.