15 de xul. de 2013

A PRESTIXIOSA PERIODISTA CAMBADESA IRENE CACABELOS ABANDONA INTERECONOMIA.

PON ASI FIN A SÚA ETAPA DE 8 ANOS E MEDIO NA CADEA.
A prestixiosa periodista cambadesa Irene Cacabelos, deixa a cadea privada de Intereconomia despois de oito anos e
medio traballando  na mesma. Irene pasara uns dias en Cambados, para retomar forzas e reconducir a súa carreira. 
Coa a súa amiga Martina Miser.
Irene Cacabelos é  Master de Xornalismo en Radio e TV - Escola CES (2004) / Premio Xornalismo e RSC - Novartis e Forética/ Licenciatura en Pedagoxia pola Universidade de Santiago de Compostela ( 2001) 
Fai oito anos e medio que empezou a traballar nesta casa.Primeiro como becaria nos servizos informativos de Radio Intereconomía. Unha etapa que lembra con especial agarimo...a primeira crónica, o primeiro directo, a primeira roda de prensa..cada día era un reto e un paso cara a adiante. O salto á televisión non foi fácil . Sobre todo porque a radio apórtache ese punto de independencia e de inmediatez que na tele nunca é posible. Cinco anos despois do seu comeanzo a nostalxia desapareceu dando paso á satisfacción por ser parte dese proxecto case en pañales que era Intereconomía televisión.
Con esta tele naceu  e medrou  como profesional e vela crecer ano tras ano foi realmente apaixonante para Irene . Desde o principio estivo  ligada a un mesmo proxecto: os informativos. Primeiro como copresentadora do Crónica 2 despois en solitario en Crónica 1 e máis tarde en compañía de Manuel Gómez .Estivo formando parte do equipo do Telediario de Intereconomía . Un proxecto cargado de ilusión que supuxo un punto e aparte no xeito de contar o que pasa a todos aqueles que nos elixian Intereconomia  para informarse. O seu derradeiro proxecto na cadea foi un programa matinal chamado “Buenos Dias Intereconomia”, Irene tiña que levantarse as tres da mañá todos os dias para facer este programa.
Desgrazadamente non foi ela sola a que tivo que abandonar a cea, senon moita mais xente, os problemas económicos agogian dende fai tempo a este cadea.
Dende aquí desexamoslle o mellor a Irene Cacabelos  e ogalla pronto atope traballo porque é unha gran profesional.
NO 2010 O ANTERIOR BLOG DE UNHA GRANDE CHEA FIXERALLE UNHA ENTREVISTA.
O 2 de Xuño de 2010 no anterior Blog de “Unha Grande Chea”, faciamolle unha entrevista a Irene Cacabelos, que agora reproducimos.
ENTREVISTA A IRENE CACABELOS VIEITES
PRESENTADORA DE CRONICA 1 NOTICIARIO DO MEDIODIA DE CADEA ESTATAL INTERECONOMIA.
“VOTO MOITO DE MENOS CAMBADOS, E SOBRE TODO CASTRELO”.
Unha vez soubemos do éxito da nosa paisana  Irene Cacabelos na canle Intereconomia, puxemonos en contacto con ela mediante o Facebook para facerlle a presente entrevista, Irene atendeunos o momento e contestou as nosas preguntas no mesmo día, o cal lle agredecemos de xeito especial.
Unha Grande Chea.- Porque te decidiches polo periodismo e en que cidade cursaches os estudos.
Irene Cacabelos.-Creo que dende que estudaba no Ramón Cabanillas e fixemos aquela mítica páxina dos domingos na Voz de Galicia ( O Canistrel…seguro que algún se lembra), non quixen ser outra cousa que xornalista. Pero aínda din un par de voltas antes de chegar á meta. Rematei Pedagoxía, funme lonxe un par de anos e á volta cursei un master xornalismo de radio e televisión.
U.G.CH.- Cal é o teu "curriculum" dentro da profesión.
I.C..- Antes de rematar o master comecei as prácticas nunha pequena e descoñecida Radio Intereconomia. Primero nos informativos de fin de semana, logo de luns a venres no informativo "Mercado Contínuo". Despois duns meses e coincidindo co nacemento de Intereconomia TV , pasei a ser redactora de informativos na canle. De ahí a copresentadora do Informativo da noite, de ahí ó informativo do mediodía, logo a ser a directora e presentadora en solitario e dende Setembro coa compaña de Manuel Gomez. (5 anos dan para moito)
U.G.CH.- Como chegas a Intereconomia.
I.C.- Cheguei a Intereconomia porque daquela eran as prácticas que ninguén quería. FIn de semana e nunha radio descoñecida. .Quen o pensaría entón….!!!Pero eu sempre digo que nas empresas pequenas e donde podes ter máis oportunidade de aprender e de que te deixen demostrar que podes facer. É o consello que me deron a mín e é o consello que me gusta darlle ós novos que chegan cada ano.
U.G.CH.-Votas de menos Cambados.
I.C.-Voto moito de menos Cambados, sobre todo castrelo. Espertar escoitando as galiñas. Recibir o saúdo do meu can de palleiro e pasear debaixo das parras coa miña nai a ver se a "jomarisa" medra ou non. Da comida nin falamos pero o meu prato favorito sigue sendo un bo xurelo asado na lareira. De tódolos xeitos procuro ir a miúdo.
U.G.CH.- Intereconomia é unha cadea que cada vez  vai a mais, coidas que se alizerza este incremento porque vos atrevedes a denunciar o que ningún denuncia.
I.C.-O éxito de INtereconomia básase en dúas cousas: O boca a boca e o feito de que non deixa a ninguén indiferente. Sexa porque ós espectadores lles encanta ou sexa por todo o contrario. Tamén é certo que denuncia cousas que outros non se atreven a denunciar e que asume posturas que, sendo compartidas por moitos cidadáns, poucos ou ningun medio de comunicación se atreve a abandeirar.
U.G.CH.- Eres consciente de que algunha xente tacha a vosa canle como unha cadea moi de dereitas.
I.C.-Imaxino que os xefes son conscientes cando o lema da propia canle é "orgullosos de ser de derechas". Pódese estar a favor ou non pero dende logo ambiguos non son. Ó final o mando a distancia é o que decide. Pero se facemos números, e os empresarios sempre os fan , é lóxico pensar que se un 47% da poboación vota á dereita, quere dicir que son potenciais espectadores dunha canle coma esta. A audiencia sempre manda.
U.G.CH.-Polo teu Facebook enteramonos de que pensas estar na Festa do Albariño de esta ano, que pensas da nosa festa por excelencia.
I.C. -Nunca falto á festa do Albariño. Aínda estamos sen lema este ano…se non a facemos collerei a dos de castrelo que me encanta ( Pa beber hai xente o carallo e pa dar sulfato). Sempre traio xente de fora e aínda non coñezo a ninguén que non marchara encantado coa nosa festa. Presumo de Festa, presumo de cambados e por suposto presumo de viño cada vez que podo. (de feito , como coperativista de COndes de Albarei , fixen chegar unha botella de Enxebre e outra de Pazo de bayon ao programa El gato al agua que sempre presentan un viño e quedaron encantados)
U.G.CH.- Oiches falar algunha vez de Unha Grande Chea.
Irene formou parte da mítica comparsa do Colexio de Castrelo
I.C.-Cambados , o entroido e as festas non se entenden sen Unha Grande Chea. Quizais a primeira referencia que tiven foi a través do voso chalequeiro Carlos Rábade, director do meu querido colexio de Castrelo . (por certo souben dunha chalequeira que se chama coma mín ¿teño unha dobre? ¿quén é?)
Gracias polo voso interese. Sempre é agradable sentir preto ós teus veciños. Viva Castrelo, Viva Cambados e o ano que ven quero ver a Rafaela Carrá nas festas do Albariño !!! Apertas chalequeiros. 
Estando ou non dacordo coa filosfía da cadea na que traballa Irene, estaredes con nos que esta rapaza de Castrelo leva unha marcha meteórica, do cal nos congratulamos, porque ademais presume de Cambados e de Castrelo , a lo por donde vai. Sorte Irene e desexamosche moitos éxitos.

Ningún comentario: