29 de xul. de 2013

A REDE BOTA FUME: O MÉRCORES INAUGURACIÓN “POPULAR” (DO POBO) DA FESTA DO ALBARIÑO.

OS CONVOCANTES PIDEN A PRESENZA DE GAITEIROS E PANDEREITEIRAS.
O primeiro blog que se fai eco da nova é “CORES DE CAMBADOS”  que titula nun post “ INAUGURACIÓN
POPULAR DA FESTA DO ALBARIÑO!!!!!!!! ACUDIDE”
Seguen a dicir en “Cores de Cambados  que algúns veciños de Cambados non se resisten a que a festa do albariño quede sen inauguración polo tanto organizan unha inauguración popular(do povo) a que está convidado todo aquel que queira  sobre todo os máis festeiros.
“Inaujurasion popular(que non ppepera) da festa do viño albariño . baixa o mércores a tomar un viño albariño a 1.30 a calsada . a festa de alvaro cunqueiro ,cabanillas , castroviejo volve as suas raices.”
Asemade o promotor inicial da idea o partel de facebook que se fai chamar “Colectivo Meloc”  di “Bueno parroquia, está xa montada, así que todos aqueles que queiran a titulo personal ou como peñas asistir a inauguración oficial do albariño o vindeiro mércores aqui tedes o cartel anunciador. Fai falla que alguen veña disfrazado de alcalde e solicitamos que os gaiteiros e pandereteiras que queiran participar a titulo particular que se presentan tamen a hora que señala o cartel na praza ramón cabanillas (estatua do baco).”






Ningún comentario: