Estimado Luis:
Antes de facer este carta, reflexionamos profundamente e vamos a ser voi “comedidos” a hora de expresarnos, sobre todo porque non queremos nomear a xente de Cambados
que anda no “rollo da fariña”, non queremos cometer a imprudencia, a neglixencia e a estupidez que cometeches ti hoxe o facer certas manifestacións o Faro de Vigo.
que anda no “rollo da fariña”, non queremos cometer a imprudencia, a neglixencia e a estupidez que cometeches ti hoxe o facer certas manifestacións o Faro de Vigo.
Luis hoxe dis no Faro de Vigo que “haille que lembrar oa BNG de Cambados a detención por narcotráfico dun exconcelleiro cambadés”, a todo esto contestando a unha nota de prensa do BNG de Cambados sobre os corruptos que nomean cabaleiros do Albariño que é un feito certo e constable. Perante as manifestacións citadas o principio deste paragrafo imosche facer unha serie de alegacións “querido e estimado Luis”:
1º.- Aplicando un principio biblico “O que estea libre de Pecado, que tire a primeira pedra”, en Cambados Luis ningén está libre de pecado e menos ti.
2º.- Despois de deixar sentado este princio biblico querido Luis, non tes medo que o citado exconcelleiro do BNG saque a palestra familiares teus que están misturados coa “xente do rollo” querido e estimado Luis?
3º.- Non tes medo que alguen saque a palestra querido Luis como se construeu o Campo Municipal de Burgáns, quen o pagou e estando de alcalde alguen do teu partido?
4º.- Non tes medo Luis que salga a palestra quen paga os libretos carisimos que saca o PP de Cambados en cada comicio electoral?
5º.- Non tes medo Luis que salga a palestra como certo presidente da deputación alugaba naves a “xente do rollo” sacando uns pingues beneficios?
6º.- Non tes medo Luis a que salga a palestra quen pagou a sede do PP de Cambados onde estades instalados e de onde sairon eses cartos?
8º.- Non tes medo Luis que salga a palestra como xente do teu partido ia buscar cartos a “xente do rollo “ para finarciar campañas electorais, estando presentes testemuñas que te farian ruborizar?
9.- Non tes medo Luis a que saquen fotos tuas con “xente do rollo” nunha finca en certo lugar perdido do Concello de Vilanova, ou no concello de Ribadumia, concretamente en Sisán.?
10.- Queres que saquemos fotos de “Sacramentos” que colle a “xente do rollo” en Cambados e ti vas as comidas como si nada?
11.- Queres que saquemos fotos de Semana Santa de “xente do rollo” levando imaxes, que algúns son amigos teus, e despois o concello lles paga ainda por riba.
12.- Ou queres que descubramos Luis como certas empresas xestionadas por “xente do rollo” fan obras no Concello de Cambados.
En fin querido amigo Luis, non seas tan imprudente, non sea tan baboso e non volvas a dicir parbadas porque o mellor os dardos envelenados que estás a enviar podenche vir na túa contra.
Un dia nun pleno Luis dixeches a unha concelleira do PSOE unha cousa que nos gustou moito, en serio, e foi que en materia de narcotrafico, dicindo que en Cambados debiamos de ter un pouco de prudencia. Prudencia que por certo non tiveches ti nas tuas manifestacións hoxe no Faro de Vigo.
De agora en diante ten coidado co que dis respecto a este tema Luis non vai a ser que remates escaldado.
Por certo en materia de “xente do rollo” e a relación co teu partido tes un asesor que é premio Ortega e Gasset de periodismo precisamente por un traballo sobre o narcotráfico, e antes de dicir burradas consultao con el, que niso sabe un “huevo”.
Sen mais Luis desexomosche que pases un feliz e venturoso Albariño e non volvas a decir babosadas deste calibre.
“A TI MEU CAMBADOS”.






1 comentario:
Despois da conmoción de Santiago hoxe estou lendo o meu blog favorito e ante esta nova quería deixar ben alto e claro que EU PODO TIRAR PEDRAS ABONDO XA QUE XAMAIS PARTICIPEI EN NADA QUE TIVESE AO NARCOTRÁFICO RELACCIONADO. QUE DEBIDO O MEU TRABALLO TUVEN OPORTUNIDADES VARIAS DE INMISCUIRME EN ESE MUNDILLO, E QUE AINDA O DÍA DE HOXE NON FAGO ACOPIO NIN APORTO NADA A BARES, TENDAS E DEMAIS NEGOCIOS QUE CON CERTEZA SEXAN DE XENTE TAN AMORAL, SEN ESCRÚPULOS E CRIMINAL COMO OS NARCOS. Como eu hai abondo en Cambados, é dificil convivir con xente que axuda a desfacer familias, a matar xente por só a merda do diñeiro. TODOS NOS COÑECEMOS, hoxe uns poden ter bares, depuradoras, barcos, bateas,....autochamarse DON.....que é o mismo, son uns montes de merda enormes que non teñen cabida nun mundo racional. Dito esto súmome a que o alcaide non esquenza os consellos, que se deteña diante do espello todolos días antes de sair a estrada e se pregunte quén é, de donde ven e con quen anda.
Publicar un comentario