15 de xul. de 2013

CARTA ABERTA A PEDRO PIÑEIRO, CHANCELLER DO CAPITULO SERENISIMO DO ALBARIÑO

Estimado Sr.: 
Tiven a sorte de coñecer personalmente o seu pai D. Victoriano Piñeiro Acosta, pola miña condición de funcionario  de xustiza ate o seu óvito, onde como ben sabe exercia
como procurador dos Tribunais, un cabaleiro en todo regla, distinguido, educado, traballador , amable, un home de dereitas dos de antes que non tiña problema ningún en codearse con nacionalista  de esquerdas coma min, e sobre todo un gran profesional , en definitiva unha gran persoa.  
Abalo Ozores
Entre os seus amigos  atopábase  un letrado que pola súa idade agora está prácticamente retirado que se chamaba e se chama D. Manuel Abalo Ozores, precisamente hoxe tiven a sorte de estar con él e compartir uns minutos  falando dos vellos tempos e falando tamén da festa do Albariño.  Sabia Vde Sr. Piñeiro  (eu coido que si) que Manuel Abalo Ozores é o único superviviente  daqueles cambadeses e arousáns que foron os verdadeiros pais da criatura o que hoxe se chama a Festa Do Albariño, como sabe e asi está publicado neste blog : A orixe da festa do Albariño foi e tivo o seu alumeamento nunha desas comidas que cada mércores se celebraban na Casa das irmáns Quintanilla, encima do que   foi o local que ocupaba a sucursal da Caixa de Aforros de Pontevedra e que, na parte do norte do baixo, achábase o resto do que, no seu día, fora Casino de Cambados. 
Xantar fundador do Albariño, Abalo o fondo.
Así, nese piso e nese inmoble, naceu o "Concurso do Viño Albariño". Contaba Manolo nun fenomenal artigo de Faro de de Vigo como sabia este detalle e  dicia el “ Pois moi sinxelo; porque son o único que pervive de quen sentaron, ese día e ese mércores á mesa, na casa das irmás Quintanilla e na que facía de anfitrión o seu irmán Don Bernardino que acudía, desde Vigo, todos os mércores do ano para atender aos seus clientes, como avogado, e, ao mesmo tempo, para compartir mesa e mantel con algúns dos seus numerosos amigos e baixar, logo, ao Casino a xogar a partida de dominó que (como se di no argot da curia) era preceptivo o xurala. 
José Rodiñlo
Recordo que ese mércores, cuxa data non podo precisar, achabámonos sentados á mesa das irmáns Quintanilla, o seu irmán D.Bernardino (Avogado e anfitrión), D. Ernesto Zárate (Propietario colleiteiro), D. Joaquín Álvarez Lores (Perito Agrícola), D. Francisco Reverter de Lujan (Notario de Cambados) e o que subscribe, degustando as excelencias da cociña que dirixía Pepida Quintanilla, ben servida e regada, para a súa goce, por un delicioso viño albariño elaborado polo propio D. Bernardino con uvas procedentes dunha finca pequena que posuía en Areas de Tragobe e que, por non ser un terreo de extraordinaria calidade, como el mesmo dicía, daba ou producía o mellor viño albariño. Este feito non o admitía D. Ernesto Zarate que se vanagloriaba de cultivar o mellor albariño da zona, procedente do seu finca de Padrenda e polo que, ao non porse de acordo ambos sobre quen era o que tiña mellor viño ou cal deles era o de mellor calidade, debeuse facer unha especie de concurso de viños, pero no que se admitía a participación doutros caldos albariños doutros propietarios colleiteiros, para poder comparar as calidades e determinar cal era o mellor de todos eles, pero sempre na crenza de que sería un dos viños, por eles cultivado, o que saíse triunfante no evento, ben fose o de Quinatanilla, ou ben o de Zarate, pois ambos eran uns bos caldos. Aquí é cando chega a sorpresa o gañador non foi ningún dos dous senón o Albariño de José Rodiño."
Xoan A. Pillado
Pois eu coido Sr. Piñeiro, pese a ser moi critico neste blog co Capitulo Serenisimo por condicións obvias, pese a que todo o mundo sabe que os nomeamentos do Capitulo Serenisimo son na súa maioria inmerecidos e de carácter politico , que debían de facer un "esforzo especial"  e proceder o recoñecemento  a ese home, Manuel Abalo Ozores,  que é o único superviviente dese xantar  no que se fundou a festa que a min mais me gusta de Cambados, da mán do antroido. É hora Sr. Piñeiro de que un día, nada mais que un día teñan un recoñecemento verdadeiro cun home que é historia viva do Albariño, é en difinitiva un dos fundadores da festa. Cabaleiro, Albariñense de honra o que Vdes queiran pero este home merece un recoñecemento especial na festa que el axudou a formar, ten unha idade considerable e vai sendo hora de que lle fagan ese recoceñemento. Que non cometa o Capitulo Serenísimo a grave inxustiza que comete cada  co único Alcalde vivo de Cambados que non é cabaleiro D. Xoan Antonio Pillado Silvoso, cuxo único pecado e ser nacionalista e de esquerdas. Sen mais Sr. Piñeiro reciba un cordial saudo.
XAQUIN CHARLIN “CHON”. 


Ningún comentario: