28 de xul. de 2013

O ALCALDE DE CAMBADOS QUERE FACER UNHA INAUGURACIÓN "SORPRESA" DO ALBARIÑO

UNHA PÁXINA DE FACEBOOK ANIMABA OS CAMBADESES A ENCHER DE SOBRES A CALZADA.
RUMOREASE QUE A PRENSA ESTÁ EN “COMPLOT” CO CONCELLO.
A romuroloxia na rede  está a dar renda solta a toda unha serie de posibilidades sobre da inauguración da festa do Albariño en principio suspendida oficialmente. Están a chegar a este blog varias informacións sobre este feito. Hai quen di que o Alcalde de Cambados está a argallar unha inauguración “semi sorpresa” con medios de prensa incluidos e compinchados os cales previo acordo co concello non publicarian nada sobre a mesma ate o dia seguinte para evitar así un boicot que está previsto nas redes para encher de sobres a Calzada  en alusión ao “Caso Bárcenas”. Uns din que pode ser o xoves, unha vez acabado o loito e outros o venres, non está a cousa clara ao respecto.
O “sorpresa” do ano pasado tan ben organizado por Cambados TK e outros colectivos deu a volta o mundo e o  menos importante da inauguración non foi esta en si,  senón as famosas estatuas humanas en protesta contra a colocación da estatua do fascista e dictador e fundador do PP Manuel Fraga.  Pola contra este ano a organización está un tanto diluida, é dicir, e só unha paxina de facebook a que colocou un cartel no que se di “O DIA DA
INAUGURACIÓN DO ALBARIÑO, SOBRES O CAMIÑO – ENCHE DE SOBRES O PASEO DA CALZADA O DÍA DA INAUGURACIÓN DA FESTA”, non hai nada organizado como habia o ano pasado por un colectivo en concreto. O rebote que agarrou Louzán contra Luis Aragunde foi de órdago e señor mio por non prever que a manifestación das estatuas humanas poderia amargarlle as autoridades a inauguración da festa. Dende aqui e aproveitando a ocasión queremos rendir unha pequena homenaxe a páxina Cambados TK e o seu administrador Oscar Pardo, a quen se bota tanto de menos na nosa vila.
Nos confiamos  en case todos os medios de prensa e esperamos que non sea certo o rumor explicado anteriormente,  e que se lle avisan para unha inauguración con autoridades que o publiquen con anterioridade como é o seu deber, e dicimos case porque nun en concreto , non imos dicir o nome,  non confiamos para nada polas “relacións” que esisten entre certos periodistas deste medio con certo responsable do concello de  Cambados. Se fora certo o rumor o escándalo poderia ser maiúsculo.
Hai que estar moi atentos estes días.








Ningún comentario: