XA ERA HORA DE ALGÚN PARTIDO POLITICO SE FIXERA ECO CAS DENUNCIAS DESTE BLOG
Este blog ven denunciando dende fai tempo o “cochaveo” entre a corrupción e o Capitulo Serenisimo, o BNG, ven de plasmar nun escrito por rexistro de entrada no Concello de Cambados esta relación.
O BNG leva anos facendo público o seu malestar porque o PP utilice a Festa do Albariño, en especial o seu Xantar, para promocionar prioritariamente ao seu partido político por riba do evento, do sector vitivinícola e do concello. É dicir, desde hai anos desde o concello, tentouse transformar a Festa do Albariño na “Festa do PP”, convidando ao Xantar, sen ningún criterio, a calquera persoa vinculada ao seu partido o que, ademais, significou que nalgunhas edicións recentes o número de convidados ao estivera preto do millar de asistentes o que supuxo un despilfarro de cartos públicos (tamén criticado, reiteradamente, polo BNG)
Que se isto non fora suficiente, o PP leva anos manexando ao Capítulo Serenísimo para determinar a distinción de “Cabaleiros do Albariño” a cargos políticos do partido. O único argumento utilizado para defender este xeito de actuar do PP era que a esaxerada presenza de membros do seu partido redundaba na “teórica promoción” da Festa do Albariño e do concello de Cambados.
Pola contra, a día de hoxe, a realidade está a demostrar que a inclusión de membros do PP, distinguidos nalgún momento neste evento, foi un erro e resulta negativo para a promoción deste concello e da Festa do Albariño. Lamentablemente está a comprobarse, que políticos
do PP distinguidos como “Cabaleiros do Albariño” son un exemplo de comportamentos corruptos. Mentres a sociedade esta a padecer unha tremenda crise económica e social, comproba como moitos representantes do PP utilizan o seu cargo político para enriquecerse persoalmente e para beneficiar a determinadas grandes empresas amigas comportándose, ademais, como políticos hipócritas que non están dispostos nin a dimitir nin a dar explicacións á cidadanía, tentando ocultar, en todo momento, as ilegalidades do seu partido político.
do PP distinguidos como “Cabaleiros do Albariño” son un exemplo de comportamentos corruptos. Mentres a sociedade esta a padecer unha tremenda crise económica e social, comproba como moitos representantes do PP utilizan o seu cargo político para enriquecerse persoalmente e para beneficiar a determinadas grandes empresas amigas comportándose, ademais, como políticos hipócritas que non están dispostos nin a dimitir nin a dar explicacións á cidadanía, tentando ocultar, en todo momento, as ilegalidades do seu partido político.
Hoxe, este tipo de representantes do PP está a facerlle dano ao noso concello e á nosa festa pola vinculación que, erradamente, o PP leva tenando facer con Cambados e co Albariño.
Resulta inaceptable que na actualidade desde o Concello de Cambados non se dea exemplo e se lle retire calquera tipo de distinción a políticos que deberiamos desvincular dun dos principais sectores económicos da nosa comarca. O BNG considera que a distinción de Cabaleiros do Albariño outorgada polo Capítulo Serenísimo a estes representantes do PP resulta negativa para Cambados, para a Festa do Albariño e para o sector vitivinícola da nosa comarca, polo que resulta urxente a súa desvinculación con este evento e esta comarca;
O BNG solicita que o concello se dirixa ao Capítulo Serenísimo para que tome a decisión de eliminar a distinción de Cabaleiros do Albariño a Mariano Rajoy, Francisco Álvarez Cascos e Jaume Matas.
* Mariano Rajoy: por responsable dunha trama de financiamento ilegal do seu partido político, acusado de cobrar sobresoldos en negro nos anos 97, 98, 99 (vulnerando a Lei de Incompatibilidades do ano 1995) e, ademais, por negarse a dar explicacións á cidadanía destas acusacións, o que nun réxime democrático debe ser a primeira obrigación de calquera representante político.
* Francisco Álvarez Cascos: (no seu momento ministro de Fomento do PP) tamén cobrou sobresoldos en negro procedentes do financiamento ilegal do PP.
* Jaume Matas: (no seu momento ministro de M. A. do PP), condenado por varios delitos de corrupción ao usar os cartos públicos en beneficio propio.
Habería que engadir nesta lista a José Manuel Cores Touris implicado, segundo El Pais, tamén nunha trama destas carácterísticas nun xulgado de Arzúa e a o noso Alcalde Luis Aragunde por permitir o tema do Pinal de Maza, e tampouco estarian de mais nesta lista Rafael Louzán e Gran mestre e Presidente da xunta Alberto Nuñez Feijoo.







Ningún comentario:
Publicar un comentario