NA PRAZA DA SECA EN CORVILLÓN.
O vindeiro 31 de Agosto vai ter lugar o festival Xironsa na Praza da Seca en Corvillón. Os actos daran comenzo as 11
horas cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa.
horas cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa.
![]() |
| Bou de Bou |
As 13 horas Sesión Vermouth que estará amenizada polo prestixioso cuarteto de gaiteiros, nacidos na seo da asociación “Bou de Bou”. As 14 horas Xantar Popular, rematado o xantar sobre ás 16 horas habará xogos de animación amenizados pola “Cé Orquestra Pantasma”. As 17 horas os afeccionadas as cartas gozarán co campionato de Escoba, o mesmo tempo que tamén se celebrarán xogos de de Rá Infantil e de Chave. As 17.30 horas máis xogos populares esta vez Carreiras de Sacos, Zancos, carrilana e tiro de corda. As 21 horas Festival Xironsa, a cargo de Xironsa e Tiruleque. As 23.30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. Remantando as 00.00 horas e ate que o corpo aguante coa sesión Dj “Disco Duendeneta”. Os actos están organizados por la Asociación Cultural Xironsa e están abertos a toda persoa ou colectivo que queira participar dun xeito ou doutro.





Ningún comentario:
Publicar un comentario