Con este titulo “NAS PRAIAS DE CAMBADOS NON SON NECESARIOS SOCORRISTAS” o blog “Cores de Cambados” facia un excelente artigo sobre as manifestacións
de hoxe de Luis Aragunde en Radio Arousa. Decia o administrador do citado blog que Luís Aragunde diga en Radio Arosa esta mañán que na praia de Castrelo onde o sábado aconteceu o fatídico suceso que todos sabemos, non hai que poñer vixiancia non me parece mal. Incluso vexo lóxico sobre todo, porque non imos a poñer vixiantes ou socorristas en cada zona de baño do noso litoral, aínda que so collan duas persoas. E todos sabemos que as praias de Cambados son ben pequenas.

Continuaba a dicir “Cores de Cambados”: o que me chama a atención é "que eles (supoño que alguén do PP no Concello) non consideraban que esa praia polas reducidas dimensións que ten, necesitara ese servizo". A tal oir viñéronme varias preguntas a cabeza.
1ª- Nalgún momento e dado o escaso tamaño das praias cambadesas pensaron en poñer socorristas nos areais de Cambados?
2ª- Dado o tono no que tal dixo, porque non se pon un socorristas na Torre que está ateigada de xente e as correntes coma no caso da Insuíña, fan a praia perigosa por momentos?
3ª- Non haberá ningún membro de Novas Xeracións co título de socorrista para poder darlle un choio polo menos no verán?.
O primeiro que teñen que facer é limpar as praias e despois considerar si fan falla socorristas. “
Concordamos perfectamente con esta visión de Cores de Cambados incluido o irónico punto terceiro, pero non estaria de mais un cartel en todos eses areais con correntes que puxera “PERIGO, CORRENTES PERIGOSAS” incluida A Torre, iso non é que maís custa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario