8 de ago. de 2013

O XUVEN PON EN MARCHA UNHA AMBICIOSA CAMPAÑA DE SOCIOS

OBXECTIVO BÁSICO: SUPERAR OS 441 SOCIOS DA TEMPADA ANTERIOR.
QUIZAIS SE BOTE DE MENOS UN CARNET ESPECIAL DE PARADO,  AGÁS VAIA XA INCLUIDO NO DE XUBILADOS.
O ACTOR GALEGO LUIS TOSAR ABANDEIRADO DA CAMPAÑA.
O Xuven Conservas de Cambados pon en marcha unha ambiciosa campaña de captación e renovación de socios en vistas  á vindeira tempada, histórica, na que o primeiro equipo militará en Leb Prata. Tralo acordo alcanzado na asemblea de socios, os novos prezos nos abonos veñen acompañados de facilidades na forma de pago e engloban a diferentes grupos por idades e situación familiar. Desta forma o club conta con cinco diferentes prezos: 50 euros para Adulto; 20 euros para a categoría Nova (16-22 anos); 10 euros para Infantil (menores de 16); 35 euros para
Xubilado; e 70 euros para o Familiar (matrimonio con nenos menores de 16 anos). Quizais se bote de menos un carnet especial para parados, e non o dicimos con ánimo de criticar senón todo o contrario de facilitar o achegamento a Xuven de xente que por desgraza esta no paro e o mellor  non chegan as cantidades marcadas, a menos que a directiva xa teña previsto  o mesmo prezo para parados e xubilados. Por outra banda nos tempos que corremos os prezos están dentro do normal.
Estando ben ideado o carnet familiar, tamén se deberia ter un conta un carnet familiar con fillos o cargo maiores de idade , poñemos por caso unha familia con pai, nai e 2 fillos maiores de 22 anos que vivan na unidade familiar e sen traballo, teria que abonar o “pater ou mater familia” 200 €, coidamos que aquí tamén se deberia facer un pequeño desconto,  pero tamén entendemos que poñer varias clases de carnet resulta dificultoso para a directiva.
Todos os interesados xa poden reservar o seu abono, ben nas oficinas do club en ou no  Pombal a partir de hoxe ás 20.30 horas, ou tamén a través do mail do club (xuven@hotmail.com) enviando nome e apelidos, dirección e número de conta. O pago do abono poderá ser fraccionado, sendo a primeira cota no momento do alta e a segundo en decembro. 
A directiva premiará aos socios da tempada anterior que soliciten a alta dun novo carné adulto ao regalarlle un polo conmemorativo da presenza do Conservas de Cambados en LEB Prata. A directiva non se marca ningunha cifra como obxectivo. Superar os 441 socios que o Xuven tivo o pasado ano é o primeiro reto, a partir do cal tratarán de mellorar conscientes da repercusión que ten a militancia en Leb Prata non só en Cambados senón tamén en toda a Comarca do Salnés. 
De forma paralela á campaña de captación de abonados, a directiva traballa en diferentes frontes para conseguir recursos económicos cos que afrontar os gastos a curto prazo. Entre os que está abonar a finais de setembro 10.000 euros en concepto da outra metade da cota de inscripción a Leb Prata, categoría que mañá coñecerá ás súas participantes segundo anunciou a FEB. 
Fotos: google imaxes.

Ningún comentario: