12 de ago. de 2013

SUSPÉNDESE O CARNAVAL DE VERÁN PREVISTO PARA O MÉRCORES CATORCE DE AGOSTO EN CAMBADOS.

TRASLÁDASE PARA A SÚA CELEBRACIÓN Ó SÁBADO 24 DE AGOSTO.
A organización do Carnaval de Verán de Cambados, acabanos de comunicar que se
procede a suspensión do evento sinalado para o vindeiro mércores día catorce  por razóns mais que nada de infraestructura, pero sen problema maior. Os negocios que participan no evento que son A Leria, Baloca, Brothers, Penkito e Rif, visto o interés que estaba a tomar a festa non queren defraudar os cambadeses nin os seus clientes mais habituais e trasladan o mesmo para o sábado 24 de Agosto, cousa que agradecemos todos porque así danos mais tempo para facer ou buscar un disfraz, ademais algunha xente que vai o mar tamen o agrecede pois aglúns estaban pedindo o cambio de data para un sábado. Dende esta páxina agracecedemos sobremaneira que estes establecementos se poñan dacordo e que se celebre este evento e os cambadeses debemolle pagar participando no mesmo. Non estaria mal que o Concello participara dalgunha maneira,   e non só deixando a praza. Así que todos a animarse e a buscar no baúl o disfraz que queirades para o sábado 24 de Agosto. 

Ningún comentario: