11 de set. de 2013

A COMISIÓN DA FESTA DAS ANGUSTIAS REALZARÁ TAMÉN OS XOGOS TRADICIONAIS

O SÁBADO A TARDE ADICADO AOS NENOS
A comisión da Festa das Angustias de Fefiñáns (Cambados)  non para de  “parir” ideas, e
aínda que non vai no programa por razóns que non veñen ao caso,  a tarde do sábado 5 de outubro estará adicada aos nenos e non tan nenos, pois vai ter lugar a celebración de diversos xogos tradicionais que durante esta tarde manterán distraídos aos rapaces e ver se por un momento deixan de xogar cos móbiles. Así a partires das cinco da tarde  haberá competicións de “pañuelo”, corda, carreiras de sacos e ra, con premios moi importantes para os que interveñan nos mesmos.  A Comisión anima a participación a todos os nenos tanto de Fefiñans como de todo Cambados a xogar nesta tarde a parte das 5, precisamente adicada a eles. Os xogos Terán lugar na Campo da Festa sita na Rúa San Gregorio.

Ningún comentario: