23 de set. de 2013

A SER CONMEMORA O 25 ANIVERSARIO DA DENOMINACIÓN DO ORIXE RIAS BAIXAS EN PONTEVEDRA

GRAZAS O INEPTITUDE E O AMOR OS CARTOS DE TOURIS CAMBADOS QUEDOU SEN SEDE DO CONSELLO REGULADOR.
Este venres, o programa "Hoy por hoy" (o programa de máis audiencia da radio) celebra o 25 aniversario da Denominación de Orixe Rías Baixas facendo un programa en directo...
En Pontevedra... Non en Cambados...
Por certo, que hai daquilo de sede histórica?
Imaxínadesvos ese programa (como moitos outros que se fixeron en Pontevedra para celebrar este aniversario) feito en Cambados? Canto valerían para promocionar Cambados esas 5 horas de radio en directo?
O programa é o máis escoitado da radio, con 3.132.000 oíntes. Farase desde Pontevedra porque, mal que lle pese e diga o que diga o PP de Cambados, é a capital do Albariño... 
Está por facer un estudio do impacto económico que suporía para Cambados ter a sede do
Consello Regulador Rías Baixas. Nunca se fixo tal cousa. Non o fixeron os comerciantes porque a súa asociación non eran máis que "palmeros" do goberno local, nin a oposición, sobre todo o BNG, que non quixo tocar este tema para non enfadar a Lores.
Desde o o noso punto de vista,  a perda da sede do Consello Regulador (xunto coa homenaxe a un contrabandista) foi o feito máis vergonzoso ocorrido na política local nos últimos 30 anos. Foi o prezo que Cambados tivo que pagar para que Tourís repetise de senador outros 4 anos e tivese dereito á pensión máxima á hora de xubilarse.
Os cambadeses non nos podemos resignar a quedar sen a sede do Consello Regulador. Non esquezamos que foi Cambados e os viticultores do Salnés quen durante moitos anos fixo posible que o Albariño sexa hoxe a realidade que é. Neses anos a única promoción do viño albariño facíase cos cartos dos cambadeses a través da festa do Albariño... E cando hai que recoller os froitos dese traballo desinteresado de moita xente e deses cartos investidos... A sede do Consello Regulador vai para Pontevedra, que nin sequera está dentro da Denominación de Orixe... Ata cando imos consentilo?



Ningún comentario: