3 de set. de 2013

“ATARDECERES” DE JOSE MARÍA FRANCO FARIÑA

EXPOSICIÓN DO FOTOGRAFO AFECCIONADO CAMBADÉS EN EXPOSALNÉS
Os cambadeses temos claras , ao menos, dúas cousas, unha que temos unhas postas de
sol espectaculares e outra que temos uns pésimos gobernantes, pero neste “post” non imos falar de política senón de fotografía e concretamente dunha exposición de Postas de sol que ven de inaugurar o fotografo afeccionado cambadés José María Franco Fariña. Unha boa posta de sol, pode transmitir paz e serenidade, e ata un ritmo frenético dependendo do que capturemos con ela, todo isto foi capaz de captalo José Maria  nas súas fotografías que compoñen a exposición que pode ver en Exposalnés dende onte e ate o vindeiro  29 de setembro en horario de luns a domingo de 10 as 14 horas e de 17 a 20 h. Aconsellamos unha visita a mesma.



Ningún comentario: