25 de set. de 2013

ATE CANDO OS CAMBADESES IMOS AGUANTAR A LUÍS ARAGUNDE QUE NOS MASACRE A IMPOSTOS?

O IBI (IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES) SUBIU O 100% DENDE O 2004
DENDE O 2012 AO 2013 ESTE IMPOSTO EN CAMBADOS SUBIU MAIS DE 30 EUROS.
Xa o vimos dicindo neste blog e en outros da nosa vila, que non son da corda do PP, que o goberno de Luís Aragunde e por extensión do PP está a masacrar a impostos os cidadáns de Cambados. Estes días esta a chegar os nosos enderezos o o IBI anual, e mais de ún botase as mans a cabeza.
QUE É O IBI?
O Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) é un imposto encadrado no sistema tributario local de España, de exacción obrigatoria polos concellos, que grava o valor da titularidade dominial e outros dereitos reais que recaian sobre bens inmobles localizados no municipio que recada o tributo. A súa
xestión compártese entre a Administración do Estado e os Concellos. 
O seu carácter real dedúcese do gravame que fai sobre a titularidade dos inmobles ou sobre os dereitos que recaian nos inmobles, independentemente de que o suxeito ocupe o seu titularidade. Ten ademais carácter obxectivo, derivado dunha cuantificación da carga tributaria que atende exclusivamente ao valor do obxecto, e non ás circunstancias dos suxeitos pasivos. 
O feito impoñible está constituído pola propiedade dos bens inmobles de natureza rústica e urbana sitos no respectivo término municipal, ou pola titularidade dun dereito real de usufruto ou de superficie, ou da dunha concesión administrativa sobre devanditos bens ou sobre os servizos públicos aos que estean afectados, e grava o valor dos referidos inmobles. 
DENDE 2004 O IBI DUPLICOUSE EN CAMBADOS
No ano 2004 unha ben inmoble dos considerados normais casa ou piso pagaba en Cambados a cantidade de 100€. Claro estamos a falar dos tempos da especulación, estamos a falar de tempos onde se construía en Cambados a esgalla con ou sen permiso, onde se lapidaban industrias para construír edificios, pero como todo ten o seu fin. Que fixo entón Luís Aragunde cando se lle acabou a bicoca das licencias por construción, pois masacrar a impostos os cambadeses, a parte de este imposto, subiron auga, lixo impostos de vehículos etc. Pero non pensedes que se conformaron con subir o índice dos prezos ao consumo, nada mais lonxe da realidade, incrementaron  os prezos  en algúns impostos ate un 50%.
En troque os soldos dos cidadáns en descenso absoluto,  agás os de Luís Aragunde e tropa que aumentan en porcentaxes escandalosas. So Luís Aragunde  e os asesores contratados a dedo cústanlle ao concello a nada desprezábel suma de ¡¡¡QUINCE MIL EUROS MENSUAIS!!! Cómo non van subir os impostos estes elementos.
UNHA SUBIDA MOITO MENOR PROVOCOU UN GOLPE DE ESTADO EN CAMBADOS NO ANO 1986.
Por unha subida moito menor en Cambados provocou a dereita un golpe de estado en toda a regra no ano 1986, con invasión do concello por parte das "tropas" fascistas, invasión de dependencias municipais e desaparición de
documentación. Para vergoña dos que dirixiron esta escandalosa manipulación dos cidadáns cambadeses, o cámara cambadés Benjamin Rey gravou un espectacular vídeo que quedou para vergoña da dereita cambadesa hasta que dure este blog  a vosa disposición.
Ate cando os cambadeses van soportar as cargas  coas que nos ven gravando Luís Aragunde?. Ate cando os cambadeses imos soportar que nos masacren a impostos.  Temos que botalos do Concello COMO SEXA. Podedes ver a continuación o video de Benjamin Rey:
AQUÍ TEDES ALGÚNS RECIBOS DO MESMO BEN E PODEDES COMPROBA O DISPARATADO AUMENTO:






Ningún comentario: