26 de set. de 2013

III FOLIADA PESDEBARRO

Este domingo 29, con motivo do comezo da nova temporada de clases, na asociación Pesdebarro celebraremos a III Foliada Pésdebarro.
Comezaremos ás 14:00 h., na Area Recreativa de Fontefría - Xiabre cun xantar, onde realizaremos entres os socios da asociación un concurso de postres.

E a continuación, a partir das 16 h., continuaremos, en Fontefría, cunha exhibición-participativa de diferentes danzas do mundo. Pésdebarro, organizador desta exhibición-
participativa, quere “animar a todos, isto é familias cos fillos pequenos, adolescentes e tamén aos maiores da casa” pois as danzas serán guiadas pola profesora e os alumnos da aula de danzas do mundo da asociación Pesdebarro. A Foliada será de balde para todolos asistentes.
Entre outros moitas bailes, os asistentes terán a oportunidade de bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera e dar unha volta ao mundo a través dos bailes.
A Foliada pode e debe acudir todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Dende a Asociación animamos a que os que asistan ao xantar leven cousas orgánicas,reutilizables: garfos,platos,vasos,...(intentar non levar plásticos ou papeis).

No caso de chover tanto o xantar como a exhibición-participativa farase na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa.

Ningún comentario: