11 de set. de 2013

OS PREXUDICADOS DA 3ª LISTA REÚNENSE O SÁBADO NA ILLA

ENTRE OUTRAS COUSAS VAN TRATAR SOBRE O COMEZO DAS MOBILIZACIÓNS
O vindeiro sábado ás 18 horas os prexudicados da 3ª lista  teñen unha importante reunión no Auditorio da Illa de Arousa  para informar da reunión sobre a as medidas a tomar polos
afectados polo proceso de regularización concretamente   para comezar e acordar datas para realizar as mobilizacións na consellería de pesca en Santiago. Tamén sinalar que os afectados xa tiveron reunións coas mariscadoras de Cabo de Cruz que iniciaron o movemento para reclamar que se fagan as eleccións nas confrarías dunha vez por todas co obxectivo primordial de  empezar a limpar as confrarias de corruptos e xente que esta a arruinar o sector do mar como é no caso de Cambados onde o Patrón Maior está imputado por malversación de fondos públicos tanto nun xulgado de Santiago como noutro de Cambados,  e por desgracia en moitas mais. As mariscadoras fixéronlle saber que os van a apoiar na súa reivindicación manifestando que acudiran ás manifestacións dos afectados e de paralizar o actual e inxustísimo proceso de regularización de embarcacións e a plataforma apoiará total e absolutamente a petición de eleccións nas confrarías de Galicia acudindo as súas manifestacións.
Os afectados están a repartir  carteis polos portos e lonxas da ria.


Fotos: Google Imaxes.

Ningún comentario: