PIROMANOS, INDUSTRIAS, XENTE CON UNIFORME, INSTITUCIÓNS?
![]() |
Imaxe recollida de Galiza en Positivo |
Hai que sospeita que o monte quéimao o propio estamento autonómico. Hai moito interese en que os montes galegos deixen de estar en mans das comunidades de montes e os pequenos propietarios. O problema é poder demostralo, pero están todos metidos no mesmo allo e iso sábeo calquera que coñeza un pouco como funciona este estamento autonomico e traballe nos montes.
Mais Abaixo podedes ver o video da nova.
outra banda enteramonos por Sermos Galicia de que a pesar da campaña mediática que enxalza a axuda do ministerio de Defensa na loita contra os incendios forestais, a realidade é que malia o seu carácter público o exército español cobra polos servizos nos montes galegos. Adoita ingresar da Xunta máis dun millón de euros, cifras que volverá repetir este exercicio.
En plena vaga de incendios forestais e entre fortes críticas de diversas organización ás deficiencias dos plans e recursos de prevención e extinción, o aparato de comunicación institucional teima en recorrer á imaxe do exército español como activo central na loita contra o lume, suxerindo unha sensación de axuda desinteresada, baseada no carácter público da institución militar.
Porén, esa imaxe é incompleta. Malia que é case norma que desde o goberno galego se fale da “colaboración” militar na vixilancia e no control dos incendios, mesmo con palabras de agradecemento, a realidade desde hai anos é que os medios que habilita o Ministerio de Defensa para esta función só traballan en Galiza porque se asina cada ano un convenio polo cal a Xunta ten que pagar importantes cantidades ao Goberno central, que non baixan do millón de euros e mesmo poden superalos con amplitude, dependendo dos riscos da tempada.
Aquí vos deixamos o video que non ten desperdicio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario