23 de set. de 2013

ROBERTO BLANCO VALDES COBRA VDE. POR FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO FÁGAO, E DEIXESE CONTOS

A VOZ DE GALICIA, MEDIO NO QUE TRABALLA,  RECIBIU ESTE ANO 149.000 POR USAR O GALEGO (sen usalo)
Hoxe lemos atónitos un artigo dun tal ROBERTO BLANCO VALDES, funcionario  e tamén
colaborador habitual (case que é un traballador mais) tanto en “V” televisión como no xornal La Voz de Galicia.
"Por que estando a lingua galega máis protexida, subvencionada e presente na vida institucional da nosa comunidade que nunca antes na historia de Galicia segue perdendo falantes de forma imparable e a gran velocidade?" O artigo, por certo escrito en castelán comeza con esta pregunta que é un xuízo falso de intencións, pois sabe de sobre este individuo que o idioma galego precisamente se perde falantes, cousa que dubidamos, e por por periódicos e televisións  como no que el escribe e fala.
Dicía o Periódico Galicia Dixital nunha das súas novas "Potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais". Esta é a finalidade dos convenios de colaboración asinados este ano
polo conselleiro de Educación con La Voz de Galicia. O diario coruñés recibiu 149.000 euros públicos. 
Segue dicindo Galicia confidencial   que La Voz de Galicia marxina ao galego, limitando o uso do idioma propio de Galicia case exclusivamente a algunhas noticias das seccións de Opinión e Cultura.
Este señor dende a súa “tribuna” quérenos dar clases e leccións sobre como temos que facer co galego, a xente e colectivos que levan anos e anos loitando polo o noso idioma mentres el só fala galego na intimidade ou cando vai a TVG. 
Este señor que padece “nacionalitis aguda” , critica os colectivos que mais fixeron, fan e farán polo noso idioma. 
Sr. Blanco Valdés, deixese de
parbadas  e deixe traballar polo idioma a quen realmente o fai de corazón e "altruistamente" e  non como fai Vde que solo fala galego cando lle pagan na TVG por dicir catro “chuminadas”  criticar despiadadamente ao nacionalismo  e defender sempre ao poder establecido.

Ningún comentario: