1 de out. de 2013

O CAMBADÉS XURXO CHARLIN DE ANOVA CAMBADOS DA UN CHARLA EN SANXENXO

SOBRE A TRIBUTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS: PROBLEMAS E SOLUCIÓNS
ESTARÁ ACOMPAÑADO DE XOSÉ LOIS GONZALEZ E JUAN FAJARDO
Neste tema é fundamental que os afectados teñan toda a información posible e asesoramento dende os primeiros momentos, dado que moitos dos expedientes poden ter unha resolución particular pola vía administrativa.
Intervirán ademais do membro da agrupación local Xosé Lois González, o Xestor Profesional – Colexiado mercantil, Xurxo Charlín Trigo de Anova Cambados, que explicará a lexislación referente á tributación dos emigrantes e responderá as preguntas dos asistentes sobre recursos á disposición dos afectados; e o Deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo, que informará sobre as medidas propostas dende AGE no Parlamento Galego así como os acordos conseguidos ao respecto.
A asistencia á charla é libre e convídase a todas as persoas interesadas no tema a que asistan á mesma que terá lugar mañá 2 de outubro ás 20.30 horas no Multiusos de Portonovo.



Ningún comentario: