26 de out. de 2013

NACE UN NOVO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL EN CAMBADOS

“VENDABALADA”, CUN FUTURO PROMETEDOR.
A “Hora Galega” que se fai os últimos venres de mes no
Gaiteiro: Ramón Fernández
Café Bar Baloca de Cambados, a parte de servir para botar unhas pezas e pasalo moi ben, por certo onte foi un éxito sen precedentes, serviu tamén para dar a coñecer un novo grupo de música tradicional en Cambados. Un grupo que interpreta temas tradicionais pola de agora non ten
Acordeonista: Alvaro Cardalda.
produción propia pero da gusto oílos. O Grupo fórmano un gaiteiro contrastado e cun manexo dos dedos invidiabel que se chama Ramón Fernández de Corvillón, o acordeonista e un rapaz de Vilaxoan de nome Alvaro Cardalda, ao bombo está Diego Drogo de Vilagarcía, a
Bombeiro:  Diego Drogo.
pandeireta María Buceta de Lois e o tamboril o “ideólogo do grupo” Luís Manuel Fernández (xemelgo do gaiteiro), tamén de Corvillón,  ao noso criterio un dos mellores tamborileiros da zona, quen o coincidir co bombeiro e o acordeonista nos “Terribles de Arousa”  sen pensalo ala moito decidiuse a montalo co apoio inestimábel de Miguel o
Pandereteira: Maria Buceta.
do “Baloca”. Para Luís era unha ilusión moi grande formar un grupo no que está o seu irmán Ramón. Empezan con moita modestia, practicamente dende cero , sen querer ocupar o lugar de ninguén. O obxectivo primordial do grupo e revitalizar a nosa música tradicional e está disposto a tocar en toda clase de eventos. O nome de Vendabalada
Tamborileiro: Luis Fernández
ven “do aire”, así no lo explica Luís xa que temos a Boudebou e Xironsa que proceden do mar, Treixadura que procede da terra e “Vendabalada” que procede do aire.  Por certo outro grupo mais que en parte nace dos orixes de Xironsa  non en vano Ramón e Luís son “xironseiros” de

pura cepa. Onte tivemos a sorte de gozalos no Baloca, como diciamos na hora galega, botaron un gran número de pezas  cun son espectacular, de verdade que lles dicimos as comisión de festas e asociacións que si tedes a a oportunidade de contratalos, facédeo non vos ides arrepentir. Fai moitos anos vimos a cinco rapaces  tocar nunha festa de San Roque en Cambados, era o nacemento do que hoxe e Treixadura, desexámoslle a Vendabalada a mesma ou mellor sorte, ánimo rapaces.

Ningún comentario: