21 de out. de 2013

A CARÍSIMA VIAXE A BAENA DE LUÍS ARAGUNDE E “COMITIVA” A CARGO DO CONCELLO, A DEBATE.

O PSOE PREGUNTARALLE AO ALCALDE SOBRE O MESMO NO  VINDEIRO PLENO DO 31 DE OUTUBRO.
O pasado 2 de outubro, despois de pescudar moitos datos de moitas persoas
publicabamos neste blog un carísimo viaxe do Alcalde de Cambados Luís Aragunde  a Baena para facer un irmandamento entre o Albariño e os Viños da zona. Aparte o propio Alcalde e do Secretario do Capitulo Serenísimo Pedro Piñeiro e o tenente de Alcalde Toñito Pombo,  viaxaban sete persoas mais,  como mínimo,  que non tiñan que ver nada nin co concello , nin co capitulo serenísimo e incluso algún so viaxaba como amigo do Alcalde. Esta nova no foi desmentida por ninguén nin tan sequera pola periodista mais preto  ao concello de Cambados (que sempre nos desminte todo), a descubridora de “Chochito de Oro”.  Calculase que esa viaxe, en parte de pracer, custoulle as arcas do concello uns seis mil euros. 
Pois ben o PSOE acaba de presentar por rexistro de entradas unha batería de preguntas que logo reproduciremos integramente , pero entre elas había tres referentes a esta viaxe e son as seguintes:
Cantas persoas formaron parte da delegación que se trasladou ó acto de Irmandade entre o viño Baena e o Albariño?
Cantas foron con cargo Concello?
Por que non se publicita este feito na páxina do Concello?
Estaremos atentos ao que conteste o Alcalde, nos temos que dicirlle que por agora na publicamos, imos esperar as respostas que Luís Aragunde lle dea a voceira do PSOE Fátima Abal, pero informámoslle a Luisiño que temos no noso poder unha foto de parte dos que viaxaron a Baena na propia localidade, polo que lle advertimos a "priori" que non negue a maior , como fai sempre as preguntas da oposición nos plenos.
Na nova que publicabamos dabamos tamén unha serie de datos que , insistimos ninguén desmentiu. Pensamos que o PSOE de Cambados mantivo contactos co Alcalde de Baena, que é da mesma formación e que estarán informados ao respecto.
Aquí tedes o resto das preguntas  presentadas por Fatima Abal: 
1.- Vai esixir o concello de Cambados responsabilidades, á Deputación ou a quen corresponda, pola rotura do alumeado no pantalán do Facho?
2.- Vai tomar o Concello algunha medida de seguridade ante a oleada de roubos nas embarcacións nesa zona de Castrelo?
3.- Cal é o motivo polo cal o Concello aínda non tomou medidas ante a existencia de ratas nalgunhas rúas como xa vimos denunciando hai moitos meses?
4.- Hai uns anos nunha entrevista feita a Xosé Manuel Tourís, acusaba q a culpa dos cheiros en Cambados era do bipartito. Agora q xa leva desde o 2009 gobernando o PP, de quen é a culpa? Por que aínda non se solucionou o tema dos cheiros en Cambados?
5.- Foi orde do Alcalde, como aseguran os veciños, a prohibición de botar fogos nas festas de Castrelo o día 29 de agosto?
6.- Colocáronse os carteis prohibindo botar os fogos, baixo a autorización do Concello? 
7.- A canto ascende a día de hoxe a débeda deste Concello coa Mancomunidade?       
8.- Cal é o motivo polo que diversos semáforos de Cambados permaneceron apagados durante varias noites a finais de setembro e principios de outubro?
9.-  Cantas persoas formaron parte da delegación que se trasladou ó acto de Irmandade entre o viño Baena e o Albariño?
10.- Cantas foron con cargo Concello?
11.-Por qué non se publicita este feito na páxina do Concello?
12.-Conta o Concello de Cambados con apoios para a candidatura a Cidade Europea do Viño 2014?
13.- Que actividades se están levando a cabo para a promoción desta candidatura?
14.- Por qué non hai información ó respecto (sobre a candidatura) na páxina web do Concello?
15.- Cando van ser repartidos os 5.000 DVD´s de promoción de Cambados? 
16.- A quen se lles van a repartir estes DVD´s?
17.-Por qué non hai imaxes destes DVD´s na páxina web do Concello, xa que ademais foron facturados á mesma empresa q fixo a páxina? Por qué non os publicitou?



Ningún comentario: