21 de out. de 2013

O ESTUDIO CAMBADÉS DE MARTA LOJO ENTRE OS MELLORES DESEÑADORES DE ETIQUETAS DE VIÑO DE ESPAÑA

O HERALDO DE ARAGÓN PUBLICA UN ARTIGO “DIEZ VINOS ARAGONESES VESTIDOS DE ETIQUETA”.
O Heraldo de Aragón publicou onte un artigo loando a dez viños da comunidade Aragonesa
e  sobre todo o seu etiquetado e ademais dicía que a combinación entre viño e arte non é nova, aínda que as adegas cada vez utilizan mais obras de artes plásticas e deseñadores punteiros para vestir as súas botellas e traian a colación dez exemplos destacados e por suposto entre eles estaba o deseño do estudio de Marta Lojo , concretamente o viño denominado “El circo”. Tamén estaban deseñadores da talla de Eva Armisén, Antonio Saura, Enrique Torrijos, Estudio Ekosistema de Barcelona, Estudio Baud, Mapi Rivera, o estudio Boldrini de Argentina, Isidro
Estudio de Marta Lojo
Ferrer (oscense cun premio nacional de deseño), ou Estudio Moruba.
A idea de vestir as botellas con etiquetas que expresen un sentimento artístico non é para nada nova. Dise que foi o barón Philippe de Rosthchild quen abriu o camiño cando encargou ao pintor Philippe Julian unha etiqueta conmemorativa do final da Segunda Guerra Mundial, que coincidiu coa mellor engada do século (1945), para os seus viños Mouton Rothschild. A senda emprendida por artistas plásticos de primeira liña como Henry Moore, Dalí, Bacon, Mirou, Tamayo ou Warhol foi seguida máis tarde por reputados deseñadores e por artistas locais que saben condensar e expresar no reducido espazo dunha etiqueta 
a filosofía que esconde a botella.







Ningún comentario: