31 de out. de 2013

O FISCAL CAMBADÉS BENITO MONTERO PREMIO A A UNHA VIDA EN DEFENSA DO GALEGO

O BRADO DISTINGUE ADEMAIS Á ASOCIACIÓN PUNTOGAL NO APARTADO GALICIA ENTEIRA E O ESTRADENSE CARLOS LOUREIRO RECIBIRÁ O PREMIO SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN
Carlos Loureiro Rodríguez, Asociación PuntoGal e Benito Montero Prego. Son os nomes
propios que marcan este ano a entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, concedidos pola Asociación Cultural O Brado, e que neste 2013 alcanzan os seus 23 anos de historia. 
O padroado destes premios -formado por Xosé López Vilariño, Juan Manuel Constenla Carbón, Manuel Sanmartín Obelleiro, Afonso Vázquez Moares, Henrique Vázquez Pernas, Lourdes Doo Piso, Iván Sanmartín, Carlos Andújar Mato, Olaia Barreiro e Xurxo Andión- reuniuse na noite do mércores para fallar a presente edición duns galardóns que serán entregados o vindeiro xoves 14 de novembro, no transcurso dun acto aberto ao público en xeral. Será ás 20.30 horas no Teatro Principal da vila. 
O premio á normalización durante toda unha vida será outorgado ao fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra Benito Montero Prego, ao que O Brado define como un referente na historia da galeguización xudicial. Indica que desde a promulgación da Constitución Española en 1978 este fiscal desenvolveu a súa actividade en
galego. Explica a asociación que nos seus congresos conseguiu que se aprobasen propostas súas para facilitar a normalización das linguas catalá, vasca e galega, indicando que moitas desas iniciativas foron decisivas para que a lexislación recollese os dereitos lingüísticos do ministerio público. Desde 1982, apunta tamén a información do colectivo, é membro da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e ten presenza en múltiples asociacións culturais que teñen como obxectivo a defensa da identidade galega. 
OActo de entrega do premio a Benito Montero será o próximo día 14 de novembro ás 20:00 horas, non Teatra Principal daquela vila. 
Benito Montero, a piques da xubilación, ten a traballar un fillo en Cambados tamén como Fiscal, Marcos Montero, leva desenrrolando esta labor na nosa vila dende fai dous anos e medio. Por certo Benito ven de ser abó por medio de Marcos dunha preciosa nena. Parabéns doblemente.


Ningún comentario: