30 de out. de 2013

UN XUIZ DENEGALLE A UN RAÑEIRO DE CAMBADOS 6.000 EUROS QUE LLE RECLAMABA A AGRUPACIÓN

EN TROQUES SI O TEÑEN QUE ADMITIR NOVAMENTE COMO RAÑEIRO.
O Xulgado Contencioso Administrativo  Nº 2 de Pontevedra, dictoa setencia Nº 177/2013 de
5 de xullo do 2013 no procedimento ordinario 345/12 polo que se impuganaba a desestimación presunta do recurso de alzada interposto perante a Conselleria de Medio Rual e do Mar da Xunta de Galicia contra a resolución de 3 de enero de 2011 do Patrón Maior da confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, pola que se acordaba o novo ingreso na Agrupación de Mriscadores de Vara da citada confraria dun rañeiro que fora expulsado da mesma.  Sinalaba  o rañeiro en cuestión  que a expulsión lle xenerara evidentes prexuizos, non só prrexuizo moral que se estimaba en 3000 euros, senón tamén o económico por lucro cesante ao verse privado de ingresos polo seu traballo
que estimaba en outros 3000 euros.  O  Maxistrado na sentencia dicia que o motivo principal  sobre que tiña que pronunciarse era sobre a admisión ou non do rañeiro en cuestión  e non procedia  ampliar o pronunciamento a outras cuestións que poideran aparecer suscitadas nos escritos das partes  e que eran alleas a ese recurso, referíndose obviamente a reclamación de SEIS MIL EUROS a Agrupación de Rañeiros. A sentencia  acordaba, eso si, o novo ingreso do rañeiro en cuestión na agrupación  e condeba en custas a parte demandante. A Agrupación de Rañeiros, amosando a súa boa vontade ainda que a sentencia é apelabel perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non quixo apelar toda vez que non quere alongar mais esta situación e permitille así ao rañeiro en cuestión volver a traballar.

Ningún comentario: