O FESTIVAL DA PULGA 2013
O Refuxio de Animais celebrará o 30 de novembro unha nova edición da súa festival solidario que este ano durará dous días e terá como principal novidade a celebración dun “Bikeshow”, coa exposición de motos artesanais, clásicas, etc. No tema musical este ano o Refuxio sáese do habitual pois as actuacións son de “escándalo” aparte do padriño da protectora, Miguel Costas, teremos en Cambados o 30 de novembro os cambadeses Blue Paper Band, un acústico do grupo X Pracer, Os Cacikes sen esquecer o humor de Xan Veiga, todo isto a partires das 21.30 horas.
O salón de congresos de José Peña quedarase pequeno para acoller a gran cantidade de actividades preparadas polos amigos do Refuxio para este novo Festival dá Pulga. Outro dos pratos fortes ofrecerase tamén o sábado 30 de novembro, coa celebración do I Bikeshow Solidario, no que se mostrarán motos artesanais, pezas clásicas, haberá aerografía, etc..
O festival continuará o domingo, no mesmo escenario, ás 17 horas, pero centrado na diversión dos máis pequenos, e baixo o título “Pulga para nenos”, ofrecerase animación, talleres de maquillaxe facial, sesións de karaoke, exhibicións caninas e unha actuación circense. E é que a protectora considera que a educación desde idades infantís é fundamental para que a sociedade futura estea completamente concienciada sobre temas que lle preocupan como o mal trato e abandono dos animais, entre outros. De feito, ao longo
do ano realizan charlas en colexios e teñen unha sección infantil e xuvenil moi activa e implicada na súa actividade. Unha tarefa que realizan con fondos propios solicitados das poucas dotacións recibidas, ademais pódense realizar achegas económicas .
do ano realizan charlas en colexios e teñen unha sección infantil e xuvenil moi activa e implicada na súa actividade. Unha tarefa que realizan con fondos propios solicitados das poucas dotacións recibidas, ademais pódense realizar achegas económicas .
Os Cambadeses Blue Paper Band, estrean nome na nosa vila pero xa son superñecidos pois veñen a ser os antigos Tiempo Muerto, despois Stand By, agora BLUE PAPER BAND Distinto nome, pero as mismas gañas e ilusión por tocarlle unhas pezas aos cambadeses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario